O Porriño | A concellería de Comercio do Concello do Porriño, que dirixe Antía Carrera, informou hoxe da ampliación dos días de mercado ambulante no Porriño. A petición dos vendedores, o Concello do Porriño suma unha nova data mensual de celebración do mercadiño. Será o primeiro domingo de cada mes e os postos instalaranse na mesma localización que o resto dos días, na rúa Leandro Diz.
A feira desenvolverase en horario de tarde. Nos meses de inverno instalarase de 16 a 19:30 h e no verán, cando os días son máis largos, de 16 a 21 h.