Mercado de Nadal en Arbo

Os días 2 e 3 de decembro na Praza do Concello

Arbo | O Concello de Arbo, xa prepara o Nadal ao grande. De feito, como preludio das festas, este fin de semana celebrará o seu xa tradicional ArboNadal, Mercadillo Solidario do Nadal, donde ademáis durante a xornada do sábado terá lugar o encendido das luces de Nadal.

ArboNadal, que pretende ser un referente navideño na Comarca, contará cun total de 22 postos onde o visitante poderá atopar unha ampla oferta de produtos para agasallos e gastronomía do Nadal, a oferta de artesáns, complementos, cosmética, madeira, bixutería, castañas asadas, amendoas garrapiñadas, vinagres, pementons, productos ecoloxicos, verdura, froita, hortalizas e castañas asadas serán algunhas das maravillas as que poderá acceder o comprador.

Tamén terán presencia no Mercado ONG´S e asociacións arbenses.

Ademais da oferta comercial, o Mercado de Nadal conta cun variado programa de actividades dirixido os mais cativ@s que bailaran, xogaran e coñecerán ao seus persoaxes Disney favoritos.

O Concello de Arbo, terá a disposición dos compradores e visitantes, dúas caixas na Porta do Concello, donde se recollerán xoguetes e comida non perecedeira para repartir entre as familias máis necesitadas do municipio.

Actividades:
Sábado 2:
Ás 11:30h. – Apertura de postos de artesanía, segunda man, comida, complementos, roupa, hortalizas, plantas, decoración navideña, castañas asadas, ONGs, na Praza do Concello

Ás 17:00h.- Festa infantil con xogos, música e moitas sorpresas

Ás 18:00h.- Visita de persoaxes Disney

Ás 18:30h.- Encendido das luces do Nadal

Domingo 3:
Ás 11:30h. – Apertura de postos de artesanía, segunda man, comida, complementos, roupa, hortalizas, plantas, decoración navideña, castañas asadas, ONGs……, na Praza do Concello

Ás 17:00h.- Festa infantil con xogos, música e moitas sorpresas.