Ministerio de Fomento e Xunta falan sobre a supresión do paso a nivel en O Porriño

O Porriño | Eva García de la Torre, que asistiu en Valença, invitada polo Goberno de Portugal, á presentación da modernización da liña férrea Valença-Viana-que forma parte do percorrido dos convois que pasan polo Porriño- celebra que o Goberno de Galicia e Ministerio de Fomento vaian a falar sobre a posible supresión do paso a nivel da vila.

 

A alcaldesa, agradeceu que, por fin, logo da xuntanza que ela mesma mantivo en outubro de 2015 cos responsábeis de Fomento, a Xunta de Galicia se involucre, “preto de dous anos despois”, na resolución dun problema que sofre O Porriño dende hai décadas.

García de la Torre preguntouse se as medidas sobre as que van a falar o Goberno de Galicia e os representantes de Fomento se limitarán á supresión do paso a nivel “¿ou van a presentar algún proxecto sobre a saída sur ferroviaria?”.

A alcaldesa subliñou que se se o tema a tratar é so a supresión do paso a nivel, “non se vai a solucionar o principal problema que non é outro que o paso do tren polo centro do Porriño: a resolución pasa por retomar o proxecto da Saída Sur e desviar dúas liñas, a de pasaxeiros e a de mercadorías, do centro da nosa vila”.
Eva García de la Torre alertou de que hoxe sigue existindo o perigo de que se repita un accidente coma o do pasado 9 de setembro, no que morreron catro persoas e preto de 50 resultaron feridas. “Non se fixo nada, absolutamente nada, xa non digo para eliminar, senón nin para reducir o perigo dunha nova traxedia: nada. Os trens seguen a pasar polo centro do Porriño a 130 quilómetros por hora e pódese repetir, en calquera momento, a traxedia que vivimos”.