Moldavia: de quen é esa “interferencia”?

O pasado 10 de outubro, a presidenta da Comisión Europea, Úrsula von der Leyen, viaxou a Chisinau, capital de Moldavia, dez días antes dunhas decisivas eleccións presidenciais con referéndum incluído de adhesión á Unión Europea. En 2022, ao calor da guerra ruso-ucraína, Moldavia recibiu subitamente o status de candidato para ingresar na UE, comezando oficialmente en xuño pasado as negociacións de admisión con Bruxelas.

Na súa visita, von der Leyen eloxiou o labor da presidenta Maia Sandu, fervente “europeísta” e acérrima crítica de Rusia. Sandu se xogaba a reelección presidencial nas eleccións do pasado domingo 20 de outubro ademais dese referéndum clave de admisión á UE. En Chisinau, a “dama de ferro” da UE, von der Leyen, prometeu un paquete de axuda de 1.800 millóns de euros a Moldavia, apetecible “agasallo” se os moldavos aprobaban maioritariamente o “Sí” para a adhesión á UE.

Durante meses, von der Leyen prodigouse en advertencias e críticas contra Moscova pola súa presunta política de “interferencia” vía “guerra híbrida” e desinformación contra as “aspiracións europeístas” moldavas. Pongamos o tema en contexto histórico: Moldavia, ex república soviética fronteiriza con Ucraína cunha maioría de poboación lingüística, cultural e historicamente ligada á veciña Romanía pero tamén con presenza de importantes comunidades rusoparlantes, mantén un litixio soberanista coa República Pridnestroviana de Transnistria, unha república “de facto” declarada independente de Chisinau desde 1991, ano da desintegración da URSS. Ata 1992, Chisinau mantivo infrutuosamente unha confrontación militar contra os irredentistas “transnistrios” para tentar recuperar a súa soberanía nese territorio. Non foi posible. Moscova mantén un consulado en Tiráspol, a capital de Transnistria, así como un destacamento do Exército ruso asentado na marxe oriental do río Dniéster que, cousas tan curiosas, precisamente é garante da estabilidade local.

“Durante meses, von der Leyen prodigouse en advertencias e críticas contra Moscova pola súa presunta política de ‘interferencia’ vía ‘guerra híbrida’ e desinformación contra as ‘aspiracións europeístas’ moldavas”

Bruxelas, na súa pretendida “cruzada civilizatoria” contra o presidente ruso Vladimir Putin, vén advertindo que o Kremlin utiliza Transnistria como unha especie de reprodución do que supuxo o Donbás como leitmotiv da invasión a Ucraína en 2022. Visto en perspectiva, a “liña dura” da UE e da OTAN, da que von der Leyen forma parte, interpreta que Moldavia correría o mesmo risco que a súa veciña Ucraína: unha eventual invasión militar rusa para defender aos seus “irmáns transnistrios”. Esa foi a idea e a perspectiva que atizaron dende os centros de poder e os mass-media europeístas e occidentais. Velaí a importancia que para Bruxelas tiñan estas “eleccións-referéndum” do pasado domingo 20 en Moldavia.

O problema para von der Leyen e Sandu é que o “europeísmo” acadou a penas un 50,4% dos votos. Informacións posteriores aseguran que 150.000 moldavos, un 10% da poboación habilitada para votar, recoñeceu a “compra de votos” a favor do “Sí”. Visto o axustado do resultado, non é pouca cousa. Por certo, a “europeísta” Sandu tampouco gañou en primera volta. Deberá disputar agora a presidencia nunha segunda volta contra o ex fiscal Alexander Stoianoglo o vindeiro 3 de novembro.

Moscova denunciou que as eleccións “non foron completamente libres” e que o resultado plantexa moitas “interrogantes”. Algunhas fontes aseguran que a vitoria do “Sí” debeuse tamén a un importante voto da diáspora moldava, tradicionalmente “proeuropea”.

Mentres, Sandu denuncia a presunta campaña dende Moscova por parte de oligarcas como Ilan Shor, exiliado en Rusia, a quen acusa de aparentemente comprar votos contra Sandu e o “europeísmo”.

Só un dato mais para tentar explicar que foi o que sucedeu este domingo en Moldavia. Durante a campaña electoral, Stoianoglo asegurou que, en caso de chegar ao poder, levará a cabo unha política “equilibrada” con vínculos con EEUU, Rusia, a UE e China. Vamos, un exercicio de realpolitik e de equilibrios xeopolíticos que constitúe un anatema para Bruxelas e von der Leyen.

En Moldavia, o “europeísmo-otanista” de von der Leyen e de Sandu saiu contrariado: nin sequera poden celebrar unha “vitoria pírrica” ante un resultado que amosa tantas incertezas como as que estamos vivindo desde fai tempo coa guerra ucraína, onde as recentes tentativas de alto ao fogo vense condicionadas (e ás veces entorpecidas) polas expectativas ante o resultado electoral en EEUU o vindeiro 5 de novembro.

“En Moldavia, o “europeísmo-otanista” de von der Leyen e de Sandu saiu contrariado: nin sequera poden celebrar unha “vitoria pírrica” ante un resultado que amosa tantas incertezas como as que estamos vivindo desde fai tempo coa guerra ucraína”

O flamante “Plan da Vitoria” declarado recentemente polo presidente ucraíno Volodymir Zelensky vese contrariado pola certeza de que Ucraína non ten efectivos militares para resistir unha ofensiva rusa de alto nivel. E tras incesantes “advertencias” de presunta “interferencia rusa” nas eleccións moldavas, o resultado electoral nese país define as incongruencias de Bruxelas e das aspiracións de von der Leyen, da OTAN e da UE, os cales non dubidaron en tentar “atraer votos” con prebendas económicas. Entón, en Moldavia, ao final, de quen vén sendo esa “interferencia” da que tanto falan os grandes mass-media?

Analista de xeopolítica e relacións internacionais. Licenciado en Estudos Internacionais (Universidade Central de Venezuela, UCV), magister en Ciencia Política (Universidade Simón Bolívar, USB) e colaborador en think tanks e medios dixitais en España, EE UU e América Latina.

Deixa unha resposta

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.