Estamos sendo testemuñas de momentos históricos. Por unha banda veñen de cumprise os 40 anos da chamada, polos foros oficiais, a Transición modélica. Nestes días tamén asistimos a un experimento democrático: unha moción de censura ao goberno actual.
Por outra banda a nivel europeo, e aínda planetario, estase pretendendo á posta en práctica de modelos ou sistema de goberno que poidan dar resposta aos enormes retos que o momento histórico nos esixe. Uns falan de retomar aquela idea de consenso que todas as forzas políiticas foron quen de artellar; outros cren que son outros tempos e que as respostas non poden ser as mesmas. Entre estes dous puntos equidistantes debe riamos atopar a solución.
Respecto a primeira situación Alfons Cervera, na súa obra “Yo no voy a olvidar porque otros quieran”, dinos que a Transición non foi tan doce , tan tranquila nin tan admirable como se empeña en contar a versión oficial dunha memoria que segue partida en dúas metades. O franquismo, dinos, segue presente digan o que digan as voces compracentes cun consenso que pecha a posibilidade de debate entre as diferentes versións do pasado. Alfons Cervera aproximase dunha maneira crítica aos que queren arrombar no lado oscuro da historia a dignidade da II República e daqueles que a defenderon e ainda seguen facéndoo a contracorrente e contratodos.
Respecto á Moción de censura que vivimos estes días pasados, presentada por Podemos , dicir que todo o panorama informativo oficial, por suposto, e aínda aquel que puideramos considerar como neutral, trata de ofrecernos os resultados como unha derrotar clara e rotunda para o propoñente, Pablo Iglesias, e unha vitoria aplastante para o censurado, Rajoy.
Foi así, de verdade? Resulta obvio que cada quen arrima a brasa a súa sardiña, pero sendo minimamente honestos temos que admitir que o Presidente do Goberno tivo que asistir a unha serias de acusacións, certas, por outra banda, diante de todo o Parlamento que ,co asentemento tácito nuns casos e explícito noutros dos demais partidos, agás o seu. Somentes este feito xa xustifica a devandita moción de censura, ainda que non respectase o procedemento. A partires de agora xa nada será igual. Rajoy non perdeu pero tampouco gañou. Isto xa é un mérito importante para o propoñente e unha chamada de atención seria para futuras políticas que o Goberno teña que `poñer en marcha.
Non imos facer unha diagnose de cómo se desenvolveron os feitos durante dia e medio, pero sí indicar que este se tratou dun momento especial e necesario nesta historia anodina que vivimos onde parece que todo se desenvolve perfectamente aínda que todos saibamos que non é así.
Para elo imos botar man dunhas cantas pinceladas que Manuel Rambla nos deixa nun amplo artigo sobre o libro que Axel Honneth ven de publicar sobre “La idea del socialismo”; onde nos alerta da falsa crenza de que o socialismo desapareceu coa caída do muro de Berlín.
Honneth recordaba que o motivo de escribir este libro foi unha maneira de rebelarse contra o trunfalismo dos que afirman que o socialismo xa morreu.