Mondariz adopta medidas preventivas contra o picudo vermello

 

NEA-Palmeiras

Mondariz | O Concello de Mondariz comezou  os traballos de loita preventiva contra a praga do picudo vermello, unha praga que afecta a meirande parte das palmeiras de Galicia e que se estende a grande velocidade. Os traballos pretenden evitar que dita praga afecte ás palmeiras de distintas zonas do casco urbano e, ao mesmo tempo, a súa propagación a outros puntos do municipio, tendo en conta que o picudo vermello propágase cunha enorme facilidade e, unha vez afectado un exemplar, é de moi difícil erradicación.

O alcalde de Mondariz, Xoán Carlos Montes Bugarín, ante a alarma xurdida pola propagación da praga do picudo vermello, solicitou un informe do estado das palmeiras do entorno dos xardíns de Blanco Lage e da zona axardinada da Casa do Concello á Estación Fitopatolóxica do Areeiro, dependente da Deputación de Pontevedra.

Segundo o informe feito polo antedito servizo provincial, logo do análise das mostras recollidas, “as palmeiras muestreadas non presentan, aparentemente, síntomas do ataque do picudo vermello Rhynchophorusferrugineus”. Tratase, porén, dun insecto de moi difícil detección nas fases iniciais do ataque, xa que na súa fase de larva escava galerías que poden chegar ata un metro de lonxitude, polo que o Servizo de Fitopatoloxía da Deputación aconsella ao Concello “comprobar de xeito periódico o estado das palmas, sobre todo na zona central da copa, xa que calquera asimetría ou decaemento, poden ser debidos a o perigoso insecto”.

Recomenda asemade o informe que “na primavera se realicen tratamentos preventivos”. Unha vez recibido este informe asinado polo xefe de Servizo da Estación Fitopatolóxica do Areeiro, J. Pedro Mansilla Vázquez, o Concello de Mondariz deucomezo esta mañá a realización dun tratamento de choque, comezando por unha “poda de seguridade, sanitaria, cultural e ornamental con perfilado de estípite, formación de valona, eliminación de follas secas e algunhas inflorescencias e infrutescencias”.

Ao mesmo tempo, as trece palmeiras existentes tanto nos xardíns das inmediacións da casa do Concello e no entorno dos xardíns de Blanco Lage, serán tratadas con praguicida e se procederá a un aporte de fertilizante A facilidade de propagación do picudo vermello é tal que, segundo os expertos, unha das fases máis delicadas é a da recollida, transporte e eliminación dos restos vexetais,xa que esta debe ser realizada “con especiais medidas de seguridade” para evitar que a praga se estenda e teñen que se depositados nun punto autorizado. Amais desta medida de choque, o Concello de Mondariz desenvolverá un tratamentode prevención, de cara a evitar que os exemplares sans sexan afectados polo insecto. Dito tratamento se realizaría con “outro praguicida e/ou con nematodo usado en loita integrada” dependendo do estado das palmeiras. As medidas adoptadas, segundo explicaba o alcalde de Mondariz, “non so permitirán evitar, dentro do que sexa posible, que a praga afecte ás palmeiras dos xardíns do casco urbano, senón que impedirá que, de aí, se estenda a outros puntos”.