Mondariz Balneario | A Asociación Europea de Cidades Termais Históricas (EHTTA) elexíu a vila de Mondariz Balneario e confiou no territorio do Condado e da Paradanta para amosar ao resto do mundo a riqueza das augas termais e mediciñais e o importante papel que ocupan no sector turístico con motivo do Día Europeo do Patrimonio Termal.
Organizadas polo GDR Condado Paradanta desenvolveranse ao longo de tres días un congreso no que participarán expertos en termalismo e turismo de todo o mundo, visitas guiadas e teatralizadas, excursións a distintos puntos de interese dos Concellos do GDR Condado Paradanta e unha romaría, entre outras actividades que promoverán o coñecemento dunha terra rica en patrimonio natural e medioambiental.
A presentación do Programa do Día Europeo do Patrimonio termal será este venres 6 de outubro de 2023 ás 12:00 horas no Templete da Fonte da Gándara. Mondariz Balneario.
Intervirán:
César Gil – Alcalde de Mondariz Balneario
Nava Castro – Deputada de Turismo da Deputación de Pontevedra
Amalia Gallego – Balneario de Mondariz
Alberto Cabadas – Aguas de Mondariz
Mario Crecente – Presidente Comité científico da EHTTA
Pablo Castillo – Presidente do GDR Condado Paradanta
Acompañarán as persoas, caracterizadas con vestimenta dos anos 20, que van representar á Enrique Peinador e Emilia Pardo Bazán nas visitas inmersivas que organiza e financia o GDR Condado Paradanta a través dun convenio de colaboración con Turismo de Galicia.