Mondariz Balneario | Mondariz Balneario comprácese en anunciar a súa Festa da Temporada, unha celebración inspirada na década dos anos 20, que terá lugar os días 14 e 15 de setembro. Durante este fin de semana, a vila balnearia transformarase nun auténtico viaxe ao pasado, evocando o glamour e a elegancia que definiron a época dourada da vila balnearia.
A presentación deste evento único tivo lugar na sala de cultura da Casa do Concello de Mondariz Balneario, onde se deu conta dos detalles da programación. Os asistentes poderán mergullarse nun ambiente de época, gozando de música en directo que revive o espírito dos anos 20.
Ademais, ofrecerase unha oferta gastronómica, con catas de viños e auga, e obradoiros tradicionais de cestería. Para os máis pequenos, tamén haberá actividades especialmente deseñadas para eles.
A Festa da Temporada en Mondariz Balneario promete ser unha experiencia inesquecible, ideal para aqueles que desexen revivir a elegancia e o espírito festivo dunha das décadas máis interesantes da historia de Mondariz Balneario.