Mondariz/Mondariz Balneario | As recentes disputas polo cumprimento do convenio de 2005 suscrito entre os Concellos de Mondariz e de Mondariz-Balneario para o sostemento común dos servizos de gardería, punto limpo e depuradora de augas residuais, implica rescatar os puntos mais importantes deste convenio a fin de velar polo seu cumprimento.
O convenio, suscrito en Mondariz Balneario o 07 de setembro de 2005 polos entón rexedores Sr. D. José Antonio Lorenzo Rodríguez, Alcalde-Presidente do Concello de Mondariz-Balneario, e Sr. D. Julio Alen Montes, Alcalde-Presidente do Concello de Mondariz, recoñeceron a vixencia do artigo 25 da Lei 7/1985, de 2 de abril, reguladora das bases do réxime local, modificada pola Lei 57/2003, de 16 de decembro, de medidas de modernizacion do gobemo local (LRBRL), para a xestion dos seus intereses e no ámbito das súas competencias en canto á prestación de servicios sociais, recollida e tratamento de residuos, tratamento de augas residuais, programación da ensinanza.
Neste sentido, o Concello de Mondariz Balneario conta cunha EDAR, localizada no Paseo de Troncoso, que ven servindo tanto os veciños do propio concello como a unha parte dos de Mondariz, téndose establecido unha participación nos gastos de sostemento do 60% a cargo do Concello de Mondariz Balneario e do 40% a cargo do de Mondariz.
Así mesmo, no Concello de Mondariz Balneario, en colaboracion coa Conselleria de Medio Ambiente, construíuse un punto limpo para a xestión dos residuos que non se depositan na recollida domiciliaria que se realiza. Este punto limpo está previsto que de servicios os vecinos dos concellos de Mondariz e Mondariz Balneario. Toda vez, o Concello de Mondariz Balneario rehabilitou un edificio para dedicalo a gardería infantil, destinada, en primeiro lugar, ós veciños deste concello e ós de Mondariz.
No apartado das obrigas das partes, o convenio establece o seguinte:
– Cofinanciar, de acordo aos criterios que se establezan no anexo do convenio, os gastos que ocasionen a estación depuradora, o punto limpo e a gardería infantil, localizados todos no concello de Mondariz Balneario, e que se prestan os veciños deste concello e do de Mondariz.
– Participar na Comisión específica prevista no Convenio e nomear ós seus representantes. Para isto, crearase unha Comisión específica con capacidade decisoria, composta por un representante de cada un dos concellos de Mondariz e Mondariz Balneario, nomeados polo Pleno.
No relativo ao financiamento dos servizos estipulados, o convenio prevé o seguinte:
I) Estación depuradora (EDAR): correrá a cargo do Concello de Mondariz Balneario. Os Concellos contribuiran o sostemento dos gastos de acordo coas seguintes porcentaxes: Mondariz Balneario: 60 %; Mondariz: 40 %.
II) Punto limpo: a xestión do punto limpo correrá a cargo do Concello de Mondariz Balneario. Estará aberto os veciños os xoves de 9:00 a 14:30. Cada un dos Concellos contribuirán ó sostemento dos gastos de punto limpo en proporción a súa poboación, segundo os datos do ultimo Padrón municipal aprobado.
III) Gardería infantil: a xestión da garderia infantil correrá a cargo do Concello de Mondariz Balneario. Anualmente, e dentro dos mes de xaneiro ou febreiro, realizarase polo Concello de Mondariz Balneario unha liquidación dos ingresos e gastos realizados para o funcionamento da gardería, a que acompañarán os xustificantes correspondentes. Cada un dos Concellos contribuirán ó sostemento dos gastos de gardería infantil en proporción aos usuarios do seu concello que sexan atendidos nesta, ponderándoos cos ingresos por taxas que xeren os usuarios de cada concello. En caso de usuarios doutros concellos, os gastos que xeren serán sufragados ó 50% entre ambos concellos.
As liquidacións de gastos efectuadas serán trasladadas polo Concello de Mondariz Balneario, xunto cos seus xustificantes, o de Mondariz, para os efectos da súa aprobación ou formulación de reparos. As liquidacións de gastos e propostas de achega económica serán remitidas antes do 31 de marzo e daranse por conformes de non formularse reparos nos vinte días seguintes a súa recepción.