Mondariz | Esta actividade gratuíta organizada polo Concello de Mondariz, dentro do programa MONDARIZ NATURA, busca achegar o patrimonio natural e cultural da localidade a través de experiencias.
“Os segredos da noite de Mondariz: petróglifos e estrelas” é unha saída seminocturna guiada aos petróglifos de Gargamala que forma parte do programa “MONDARIZ NATURA”. Terá lugar o vindeiro 6 de agosto, ás 20:00 horas, e o período de inscrición xa está aberto.
As persoas interesadas deben contactar coa Oficina Municipal de Información Xuvenil (OMIX) do Concello de Mondariz antes do 4 de agosto por correo electrónico (omix@mondariz.gal) ou teléfono (680 964 461).
Esta actividade, dunhas 3 horas de duración aproximada, ten un percorrido de 5-6 km e está recomendada para persoas maiores de 12 anos. As menores de idade, con todo, deberán ir acompañadas por algunha persoa adulta.
Co programa “MONDARIZ NATURA”, o Concello de Mondariz busca achegar o seu patrimonio natural e cultural a todas as persoas interesadas durante os meses de verán.
“Co programa “MONDARIZ NATURA”, o Concello de Mondariz busca achegar o seu patrimonio natural e cultural a todas as persoas interesadas”
En xullo xa se realizaron actividades como unha xornada de observación astronómica desde o campo municipal de fútbol da Lagoa e unha saída en piragua polo río Tea que tiveron unha gran demanda.
Dentro deste mesmo programa de actividades, o 30 de xullo tamén está programada unha saída familiar pola contorna do río Tea desde a praia fluvial do Val a partir das 18:00 horas.
Para inscribirse, hai que contactar coa biblioteca municipal de Mondariz a través de correo electrónico (biblioteca@mondariz.gal) ou teléfono (986 664 333) en horario de 09:00-14:00 horas.