Mondariz presenta o seu programa de actividades para xullo 2021

Organizado por bloques temáticos
Ciclo de Cine na Rúa en Mondariz.

Mondariz | O Concello de Mondariz ven de presentar a súa programación de Verán para este mes de xullo de 2021, organizada en bloques temáticos e non por datas.

A programación é a seguinte:

CAMPAVERÁN 2021
Actividade de conciliación laboral, familiar e persoal contextualizada no programa MONDARIZ CONCILIA para mozos e mozas de 3 a 12 anos de idade, que comezou o primeiro día de xullo nas instalacións municipais de Pé do Muíño s/n, parroquia de Riofrío (sede da Escola Municipal de Música de Mondariz) e durará até o último día de agosto.

ESCOLA DE PIRAGÜISMO
ESCOLA DE HÍPICA
Actividades gratuítas dirixidas a mozos e mozas de 7 a 14 anos (piragüismo) e de 4 a 17 anos (hípica), organizadas polo Concello de Mondariz en colaboración co Club Tea de piragüismo (Mondariz Balneario) e coa escola hípica A Lagoa (Mondariz). Tiveron unha enorme demanda durante o período de inscrición, xa finalizado.

MONDAVERÁN XOVE
Programa de actividades gratuítas de turismo activo na comarca de Condado-Paradanta para mozos e mozas de 13 a 18 anos de idade que exixen inscrición previa.
8 de xullo: BARRANQUISMO en Luneda (A Cañiza)
22 de xullo: RAFTING en Arbo
12 e 19 de agosto: PIRAGÜISMO nos ríos Tea e Miño
2 de setembro: HIDROSPEED en Arbo

Actualmente está aberto o período de inscrición para a actividade de RAFTING en Arbo (do 5 ao 20 de xullo). Cómpre contactar coa OMIX de Mondariz a través de correo electrónico (omix@mondariz.gal) ou teléfono (986 664 306 / 680 964 461).

MONDARIZ NATURA
Programa de actividades gratuítas ao aire libre que permiten coñecer e disfrutar do patrimonio natural do Concello de Mondariz.
8 de xullo, 22:45 horas: xornada de observación astronómica “Camiño das Estrelas” no campo municipal de fútbol da Lagoa
16 de xullo, 17:00 horas: xornada de limpeza do río Tea en kayak na praia fluvial do Val
30 de xullo, 18:00 horas: saída familiar “Un río de vida o noso Tea” na praia fluvial do Val
Estas actividades requiren inscrición previa na OMIX de Mondariz a través de correo electrónico (omix@mondariz.gal) ou teléfono (986 664 306 / 680 964 461).

CINE NA RÚA
10 de xullo, 22:30 horas: proxección na Praza de España de “Zoo y los doctores voladores”, un filme de animación apto para todos os públicos, con entrada libre e gratuíta até completar a cabida permitida

Durante os meses de agosto e setembro están programadas outras duas proxeccións, entre elas a de “Cuñados” (2021). As datas das mesmas serán confirmadas nas próximas semanas.

CONCERTO FLOTANTE “PEDALOPIANO”
21-25 de xullo, 20:00 horas: concertos ao aire libre na praia fluvial do Val. Para coñecer máis sobre este espectáculo, podedes visitar o sitio web da compañía: https://www.pianodulac.eu/pedalopiano/

EVENTOS RELACIONADOS COA 32 EDICIÓN DA FEIRA DE OFICIOS ARTESÁNS
13 de xullo, 12:00 horas: inauguración da exposición de cestaría “Tecendo a natureza” na Praza de Abastos de Mondariz.

30 de xullo, 22:00 horas: presentación do documental “Cesteiros de Mondariz” nos Xardíns do Concello de Mondariz.

31 de xullo e 1 de agosto: Feira de Oficios Artesáns (a programación vaise enviar a próxima semana, coincidindo coa presentación do evento na Deputación de Pontevedra o día 14 de xullo).

Os eventos culturais continuarán nos meses de agosto e setembro. A mediados de agosto, coincidindo coas Festas Patronais, está programado un concerto do artista Baiuca. A proxima semana trataremos de enviar información detallada sobre toda a programación cultural. Recoméndase consultar a canle institucional do Concello de Mondariz en Facebook, por así aparece toda a información relacionada cos eventos que se organizan na localidade.

Ademais dos eventos culturais e das actividades para mocidade, o Concello de Mondariz está acollendo este verán destacados eventos deportivos nas instalacións da Lagoa, como o campus e o torneo internacional que organiza o exfutbolista galego Míchel Salgado.