Monforte de Lemos | José Tomé Roca, alcalde de Monforte, e varios concelleiros e concelleiras do equipo de goberno, acendeu oficialmente a iluminación navideña monfortina, na rúa do Cardeal, diante dun gran cono de 17 metros de altura e 6 de diámetro que simboliza unha árbore de Nadal e coa que “queremos transmitir unha nova esperanza, para que a xente poida facerse fotos no seu interior e para inxectar ilusión e alegría nas persoas que viven ou que visitan Monforte”.
Durante o acendido das luces, tivo tamén lugar a actuación, de forma voluntaria e desinteresada, do grupo monfortino de bakucada Baturruka, que se desprazou dende a árbore da rúa do Cardeal ata a praza de España, onde está situado o paquete regalo.
Unha das principais novidades é a iluminación da Torre da Homenaxe, na que a través de proxectores exteriores, levaremos a cabo 4 proxeccións distintas, unha en cada cara da Torre.
O equipo de goberno investiu no alumeado de Nadal deste ano 52.000€, sendo a maior inversión en alumeado de Nadal na historia de Monforte, un 4% máis.
O alcalde resalta que “dende o Concello potenciamos o alumeado de Nadal para impulsar o comercio e a hostalería, que son piares básicos da nosa economía. Para elo, superamos as 900.000 luces Led neste Nadal, e incrementamos o número de arcos colocados, que serán 27 arcos máis que en 2021, pasando de 232 a 259”.
Ademais das 64 rúas iluminadas con arcos, das cales 4 son novas rúas, tamén estarán adornadas a Torre da Homenaxe, a Praza de España, o Campo de San Antonio, a Praza de Carude, a Praza dos Chaos, a Praza da Estación, e 7 arcos de “Bo Nadal” que se ubican nas entradas á cidade de Monforte.
O alumeado funcionará ata o domingo 8 de xaneiro de 2023, , permanecendo en servizo 38 días. Para contribuír co aforro enerxético, reducirase o horario de acendido: se no ano 2021 era de 18:30 a 3 da madrugada, este ano 2022, será de 18:30 a 1 da madrugada.
“O noso desexo dende o Concello”, subliñou José Tomé, “é que este amplo dispositivo de Nadal, sirva para dinamizar o Nadal en Monforte e animar ós monfortinos e ás persoas que nos visitan, a que saían á rúa, que desfruten da cidade e que se animen a mercar no noso comercio e a consumir na nosa hostalería”.