Monforte de Lemos | José Tomé, alcalde de Monforte, deu a coñecer o cartel e o vídeo promocional da Feira Medieval de Monforte de Lemos que vai ter lugar os vindeiros 8 e 9 de Abril no casco histórico de Monforte. Estes son dous elementos fundamentais para a promoción da que será a edición número XIX da nosa Feira medieval que se puido recuperar o ano pasado logo de dous anos de ausencia motivado pola pandemia do Covid 19.
Despois destes tempos difíciles onde a pandemia alterou o cronograma da Feira Medieval para acadar as XX edicións, temos que adaptarnos a esta nova realidade e seguir sumando novas edicións ata acadar a desexada vixésima edición que terá lugar no próximo ano 2024.
Tal e como manifestou o alcalde, “neste ano 2023 e unha vez consolidada a nova normalidade tratamos de ir organizando os elementos emblemáticos do noso concello con mais forza para volver a atraer ao público que nos acompañaba en edicións anteriores á pandemia e mesmo o pasado ano 2022 houbo unha masiva asistencia de público”.
“Estes dous elementos promocionais que damos a coñecer, como son o cartel e o vídeo oficial da Feira Medieval, teñen ó noso modo de ver as seguintes características: O cartel da XIX Edición da Feira Medieval de Monforte foi deseñado conxugando varios elementos que para nós son claramente centrais da nosa feira como son a TAU, A Torre da nosa Muralla Medieval, armaduras e xustas medievais, que transmiten toda a forza dos defensores da Fortaleza de San Vicente do Pino, recuperando esta imaxe para a feira medieval. Dende o Concello entendemos que celebrar a Feira, equivale a celebrar a vida, porque eso é o que toca agora tal como destaca o audiovisual, toca vibrar todos xuntos coas actividades da Feira”.
A proposta xira en torno a un rei que afouta ó seu pobo a unirse a unha das festividades máis importante que se celebra en Monforte de Lemos. Coa súa impoñente voz vai guiando ó espectador nun crescendo de ritmo, vivacidade e epicidade coma non se vira en pasadas propostas.
Cabe poñer en valor, e moito, que o actor que da vida ó rei é Borja Luna, un dos actores máis importantes do panorama español que destacou polo seu papel na serie de Netflix (Las chicas del Cable) , pola súa participación en filmes tan importantes como Animales sin Collar ou Salvajes, el cuento del lobo e que ademáis , non pode estar máis de actualidade xa que o vindeiro 17 de marzo estrea Sin huellas a última serie de Amazon Prime.
A rodaxe tivo lugar no emblemático interior do Colexio dos Escolapios de Monforte e fíxose en dúas intensas xornadas de gravación. Cabe destacar tamén a aportación de Pedro A. Valderrey que colabora aportando todo o vestiario que luce na peza e que sen dúbida aporta un salto enorme de calidade e autenticidade. Pedro colabora asiduamente co Concello nos días nos que se celebra a Feira Medieval.
E para que este cóctel de poderosas imaxes e a presenza de Borja Luna resalte se cabe máis, hai que salientar a música, realizada polo compositor asturiano Pedro Acevedo. Todo isto, unido á xenerosidade do pobo monfortino que nos permitiron gravalos durante a festividade, da como resultado unha peza profesional , viva e épica, fiel reflexo da grandeza da Feira Medieval.