Monforte de Lemos | O Concello de Monforte adquiriu un novo tractor segadora destinado a facilitar os traballos de desbroce e corte de céspede das brigadas municipais de medio ambiente. Este novo vehículo municipal foi adquirido polo Concello á empresa monfortina Agrícola Pérez por un importe de 17.800 euros (ive engadido).
“Con este novo vehículo”, destacou o alcalde, “facilitamos ó noso persoal de servizos e de medio ambiente a realización dos traballos de sega, corte de céspede ou desbroce a través dun noco tractor segadora da marca New Holland, que está equipado cunha plataforma de corte e cun cargador frontal con cazo.”
O novo vehículo, que é o modelo BoomerTM 25 Compact da marca New Holland, é un tractor compacto, resistente, e versátil preparado para desenvolver tarefas relacionadas co paisaxismo, a xardinería e os labores de mantemento dos espazos públicos axardinados.
“O novo vehículo, que é o modelo BoomerTM 25 Compact da marca New Holland, é un tractor compacto, resistente, e versátil”
Polo seu tamaño compacto, é fácil de manexar e manobrar para evitar obstáculos e desenvolverse en espazos reducidos, o cal permite traballar con eficiencia e custos reducidos.