Monforte de Lemos | José Tomé Roca, deu a coñecer en rolda de prensa, os 31 proxectos contratados, ou conveniados ou afectados por unha subvención, e que polo tanto teñen garantida a súa financiación, e que supoñen un investimento total de algo máis de 10,5 millóns de euros (10.510.355,64 €). Os proxectos abarcan dende finais de setembro de 2020 ata finais de decembro do mesmo ano.
O Concello aportou 4.645.169,13 €, os convenios coa Deputación de Lugo supuxeron 1.162.541,40 €, as aportacións a través do I.D.A.E. foron de 2.689.088,51 €, a Confederación Hidrográfica Miño-Sil aportou, tamén mediante convenio, 1.920.000 €, mentres que a Xunta de Galicia dispuxo 93.556,60 €.
“A raíz destes datos” incidiu o alcalde, “a diferencia entre administracións é abismal. E a todo isto, hai que engadir os máis de 5,5 millóns de euros da supresión dos pasos a nivel de Juan Montes e Rioseco, que se licitarán entre marzo e abril de 2021”.
O rexedor municipal destacou que “estamos ante un moi ambicioso programa de mellora de infraestruturas da nosa cidade e das nosas parroquias, un programa que seguiremos a desenvolver neste ano 2021 con novas actuacións, porque é un compromiso que teño adquirido cos monfortinos e coas monfortinas, e que supón un antes e un despois na historia do noso Municipio”.