Monforte de Lemos | A xestora da Agrupación de Voluntarios de Protección Civil do Concello de Monforte constituiuse para dar así cumprimento ó acordado no Pleno da Corporación Municipal do 27 de xullo de 2020, no que se aprobou o novo regulamento da Agrupación municipal de Protección Civil.
Na xuntanza para a constitución da xestora estiveron presentes o alcalde de Monforte, José Tomé Roca, a primeira tenente de alcalde e responsable de persoal, Gloria Prada Rodríguez, o secretario do Concello, José Antonio Mourelle Cillero, así como as persoas designadas para traballar en devandita xestora, e que son: presidente, Tomás Losada González; secretario, Manuel Fernández Álvarez; tesoureiro, Dositeo Piñeiro Rodríguez e vogais: Pablo García Freire, Carlos García Expósito e Antonio Iglesias Rodríguez.