Monforte de Lemos | José Tomé Roca, alcalde de Monforte, presidiu os actos de conmemoración do día da patroa de Monforte, o domingo 15 de agosto, actos litúrxicos que se celebraron na Igrexa da Régoa, nos que tamén participaron diversos membros da Corporación Municipal así como representantes dos Corpos e Forzas de Seguridade do Estado.
Tras a celebración da Eucaristía, tivo lugar á ofrenda floral a cargo do alcalde ante a imaxe da Virxe de Montserrat. Xunto cos Fogos de San Vicente, que se tiraron pola noite, foron os únicos dous eventos relacionados coas festas patronais de Monforte que se celebran este ano na cidade. As festas que tiveron que ser suspendidas a causa da pandemia do Coronavirus.