Monforte de Lemos | José Tomé Roca, alcalde de Monforte, ven de anunciar o inicio das actuacións encamiñadas a urbanizar e dotar de servizos á Zona C, que comprende os terreos ubicados entre a rúa Rof Codina e o barrio de Cobas. O remate das obras está previsto que sexa, se todo avanza segundo os prazos determinados, estímase no verán deste ano 2022.
Este proxecto conta cunha axuda de 300.000 euros aportados pola Deputación de Lugo, sendo o resto do orzamento total aportado polo Concello monfortino. Este proxecto construtivo foi adxudicado á empresa Misturas Obras e Proxectos S.A. por un importe de 915.225,85 euros (IVE engadido).
O rexedor municipal recorda que “este proxecto vai cambiar a fisionomía da cidade de Monforte, poñendo en valor unha zona que estaba abandonada e que dende o punto de vista da mellora urbana, supón un salto cualitativo moi importante, porque con proxectos coma este, Monforte, vai seguir avanzando”.
“O proxecto de urbanización da Zona C vai ser pioneiro en Monforte e en moitos outros concellos de Galicia, e a través del imos mellorar urbanísticamente unha zona sensible para a nosa cidade como é a contorna do río, a proximidade do conxunto monumental de Nosa Señora da Antiga, máis coñecida como Escolapios, e o barrio de Cobas”, subliña o alcalde.