Monforte de Lemos | O concello de Monforte unirase un ano máis á celebración da “Semana Europea da Mobilidade”, que terá lugar entre os días 16 e 22 de setembro. O lema elixido polo Concello para esta conmemoración é: “Monforte móvese en boa dirección”.
Buscando sensibilizar á poboación, a concellería de Medio Ambiente, dirixida por Antonino Luaces, realizará durante as xornadas enmarcadas nas devanditas datas as seguintes actividades:
-Monforte en Bici: actividade que pretende fomentar o desprazamento en bicicleta e a pé pola cidade realizando, ás seis da tarde do xoves día 20, unha marcha ciclista que terá inicio e remate nas Casiñas da Compañía.
O percorrido da marcha ciclista será o seguinte: Casiñas da Compañía, Campo da Compañía, e rúas Paseo de Lugo, Carude, San Lázaro, Reboredo, Dalmiro de la Válgoma, Escultor Francisco Moure, Celso Emilio Ferreiro, avenida de Galicia, Sarria, Escultor Francisco Moure, Campo da Compañía e Casiñas da Compañía.
-Monforte sen Coche: establecerase unha zona sen tráfico dende as 8:00 ata as 20:00 horas do venres día 21. As rúas afectadas pola zona pechada ó tráfico serán Campo de San Antonio, rúa Méndez Casal, rúa Santa Clara (ata o cruce coa rúa Corredoira) e Ponte Vella.
Dende a concellería de Medio Ambiente anímase á cidadanía a participar nestas actividades e a reflexionar sobre o excesivo uso do automóbil na nosa cidade.