Monforte de Lemos | José Tomé Roca, alcalde de Monforte, a tenente de alcalde, Gloria Prada e o concelleiro de Medio Ambiente, Obras, Medio Rural e Servizos, José Luis Losada, anunciaron en rolda de prensa, que Monforte volverá a ser final de etapa da “Vuelta Ciclista a España” en 2025.
A presentación oficial de “La Vuelta a España”, tal e como explicou o rexedor, terá lugar o próximo día 19 de decembro en Madrid, acto ao que acudirá o alcalde de Monforte. José Tomé adiantou, nembargantes, información relevante respecto ó evento con relación a Monforte, afirmando que o percorrido será similar ó do ano 2021, que xa foi revisada persoalmente polos técnicos encabezados por Fernando Escartín e que será “unha etapa longa e dura das que no ciclismo se denominan como rompe pernas polas continuas subidas e baixadas que sen dúbida van poñer a proba as forzas dos corredores cando xa levarán percorridas as tres cuartas partes da carreira”.
O acordo para que Monforte sexa por segunda vez fin dunha etapa de “La Vuelta a España”, alcanzouse entre o director xeral de La Vuelta, Javier Guillén e o alcalde de Monforte, José Tomé Roca, despois de varias reunións para acordar os termos deste evento, desvelando ademais, que neste mesmo mes, se producirá unha visita de cortesía de Guillén a Monforte dada a excelente relación persoal que manteñen os dous.
O alcalde resaltou a promoción tan importante que fai de Monforte “La Vuelta a España”, coas retransmisións en directo tan importantes das finais de etapa que sen dúbida, son unha proxección para o turismo, dando a coñecer os nosos monumentos e as nosas paisaxes, e que son vistos por moitos millóns de persoas.
Explicou Tomé que se miramos dende que eu son alcalde, levamos catro relacións coa Volta dado que en 2016 fomos saída de etapa, en 2020 pasou por Monforte a etapa que rematou en Luíntra e as dúas saídas de etapa. Subliñou que un evento deportivo como é “La Vuelta a España”, sempre é unha oportunidade de negocio e de retorno económico, para o sector do turismo, do comercio e da hostaleira, que lles vai servir para pechar o verán dun xeito moi positivo.
José Tomé convidou a todos os monfortinos e monfortinas para que o día que chegue “La Vuelta” “saian á rúa e animen esa carreira multicolor que sempre é un espectáculo e quen non é fácil tela tantas veces na mesma cidade en tan pouco tempo, e Monforte- tal e como afirmou Tomé- saberá estar á altura, como fai sempre. Tomé considera unha honra que Monforte sexa protagonista dun evento deportivo a nivel mundial, porque La Vuelta sae en resumes de todas as televisións a nivel mundial e Monforte será visto por mil millóns de persoas en todo o mundo, xa que está demostrado por anos anteriores que esa é a audiencia de “La Vuelta”.