Mos | A alcaldesa de Mos, Nidia Arévalo, e a concelleira de Formación e Emprego, Julia Loureiro, visitaron na Axencia de Colocación do Concello aos 20 participantes do novo Obradoiro Dual de Emprego, Queda en Mos II, e aos 100 participantes no novo Programa Integrado de Emprego, que lle foron concedidos pola Xunta de Galicia á administración local mosense e que a administración autonómica subvencionará cun total de 751.000 euros. 531.000 euros para o Obradoiro e 220.00 euros para o Programa Integrado.
As dúas especialidades que se impartirán durante un ano no Obradoiro Dual de Emprego serán Carpintería e Márketing Dixital. En cada unha delas hai 10 alumnos/as-traballadores/as.
Tamén está a IX Edición do Programa Integrado de Emprego do Concello de Mos, cuxa edición anterior rematou o pasado 16 de novembro e no que participaron outras 100 persoas, acadou unha porcentaxe de inserción superior ao 60%.
Porcentaxe de inserción co que se superou o obxectivo final do programa, pois se establecía a inserción dun mínimo dun 45% das persoas participantes.