Mos | A alcaldesa de Mos, Nidia Arévalo, e o tenente alcalde e concelleiro de Vías e Obras, Camilo Augusto, informaron hoxe de que esta semana comezaron as obras de acometida da rede de saneamento na Estrada Nacional 550 ao seu paso pola parroquia de Mos e que se financian con fondos propios municipais.
O Concello de Mos dá os últimos pasos para completar xa totalmente a rede de saneamento no municipio, e acomete a instalación de saneamento na N-550, tramos 5, 6 e 7, na parroquia de Mos, que se prevé quede rematada a finais do vindeiro mes de novembro.
O Concello de Mos financia con fondos propios municipais as obras necesarias para realizar a rede de saneamento nos tramos da N-550 (tramos 5, 6 e 7) na parroquia de Mos, cun investimento de 72.124 euros.
Con este proxecto darase servizo a 51 habitantes e 17 vivendas. Trátanse dos ramos 5, 6 y 7 (N-550) (parroquia de Mos). As obras consisten na canalización das diferentes tubarías de PVC destinadas á rede de saneamento incluíndo todas as operacións complementarias: excavacións, pozos e reposicións. No Tramo 5 instalaranse 215,85 metros de saneamento, no Tramo 6: 71,00 metros e no Tramo 7: 258,28 metros. Un total de 545,13 metros de acometida.