Mos | Esta tarde o equipo de voluntarios/as de Mos Axuda fará o último reparto do ano de alimentos ás familias usuarias dos servizos sociais comunitarios do Concello de Mos, previo á entrega que se fai no mes de decembro con productos navideños con motivo das Festas do Nadal.
Así o informaron esta mañá a alcaldesa de Mos, Nidia Arévalo, e a concelleira de Política Social e Igualdade, Sara Cebreiro, quenes anunciaron ademáis que desde hoxe o departamento municipal que dirixe Cebreiro e Mos Axuda comezan a traballar a pleno rendemento na campaña navideña de recollida para as devanditas familias beneficiarias, polos colexios, supermercados, e locais das asociacións do municipio. Habitualmente colaboran nesta campaña tanto particulares como empresas mosenses.
Esta tarde repartiranse un total de 11.500 quilos, 11 toneladas e media de alimentos non perecedoiros, facilitados a Mos Axuda pola Cruz Vermella.
O Concello de Mos a través de Mos Axuda e grazas ás aportacións de Cruz Vermella, veciñanza, empresariado e tecido asociativo, vén repartindo nos últimos anos unha media anual de 40 toneladas de alimentos.
A rexedora local mosense e a edil Sara Cebreiro quixeron agradecer neste senso “non só as aportacións materiais de particulares e entidades, senón tamén o arduo labor das persoas voluntarias de Mos Axuda que, co seu tempo e traballo, contribúen a facilitarlle a vida aos mosenses que máis o necesitan” e tamén informaron por último de que “en Mos temos 3 programas de voluntariado en marcha cun total de 52 voluntarios/as: o Programa de Voluntariado Xuvenil con 28 voluntarios/as (15 de Protección Civil, 8 de Mos Axuda e 5 de voluntariado medioambiental), o Programa Senior con 9 voluntarios/as (1 de voluntariado dixital e 8 de acompañamento de maiores); e o Programa de Voluntariado en Igualdade con 15 voluntarios/as para os puntos violetas en eventos”.
“A todos darlles as grazas pola súa entrega desinteresada por e para axudar aos demais”, concluíron Arévalo e Cebreiro.