Mos | Na sesión plenaria ordinaria do mes de marzo celebrada onte luns día 29 no Pazo de Mos a Corporación Municipal mosense aprobou unánimemente – coa totalidade dos votos a favor- bonificar o IBI a 5 asociacións do Concello. Medida que entrou en vigor o ano pasado, xusto nun duro momento da nova crise sanitaria da COVID-19 que comezaba, e que se mantén no presente exercizo para colaborar e apoiar ás asociacións do municipio que tamén están a sufrir as consecuencias da pandemia.
Para poder poñer en marcha esta medida o Concello de Mos aprobou en Pleno en decembro de 2018 a modificación da Ordenaza Fiscal Reguladora. Deste xeito púidose levar a cabo xa o pasado 2020 a bonificación do 95% no pago do IBI (Imposto de Bens Inmobles) a asociacións mosenses que así o solicitaron.
Neste caso as asociacións que terán bonificado o pago do IBI 2021 dos seus locais sociais son a Asociación Veciñal e Cultural Ledicia, a Asociación de Veciños Santa Baia-Mos a Asociación de Veciños Nosa Terra de Pereiras, Centro Cultural e Social de Herville e Asociación Veciñal Cultural e Ceportiva Celado.
A alcaldesa mosense, Nidia Arévalo, o edil de Facenda, Alberto Méndez, e a concelleira de Cultura, Sara Cebreiro, explicaron que ata a entrada en vigor desta medida o Concello concedíalle a estas asociacións unha axuda económica para compensar o desembolso que anualmente tiñan que facer para facerlle fronte ó pago do IBI dos seus respectivos locais sociais. En 2020 as entidades que o solicitaron xa contaron coa bonificación do 95% do pago do devandito imposto, ao igual que sucederá no presente ano 2021.
Grazas á modificación da ordenanza fiscal segundo permite a da Lei de Facendas Locais, que dá a posibilidade de que os concellos poidan regular unha bonificación de ata o 95 por cento da cota íntegra do imposto a favor de inmobles nos que se desenvolvan actividades económicas que sexan declaradas de especial interese ou utilidade municipal por concorrer circunstancias sociais, culturais, histórico artísticas ou de fomento do emprego que xustifiquen tal declaración, pódense aplicar ás das mencionadas agrupacións mosenses.
Corresponderá dita declaración ao Pleno da Corporación e acordarase, previa solicitude do suxeito pasivo, por voto favorable da maioría simple dos seus membros. Trátanse de medidas tributarias dirixidas ao impulso da actividade económica.