Mos | Desde o Concello de Mos, concretamente desde a concellería de Promoción Económica, Desenvolvemento Empresarial e Emprego, infórmase da formación con inicio o vindeiro 20 abril: Formación TIC para Maiores, dentro do Programa TIC para o benestar das persoas maiores.
A iniciativa ten por obxectivo a promoción do envellecemento activo e a mellora da calidade de vida a través da tecnoloxía (subvencionado pola Consellería de Política Social e Xuventude), que desenvolve o Concello de Mos, xunto con Fundación Esplai, á que está adherido desde o ano 2016.
O proxecto TIC para o benestar das persoas maiores, financiado pola Xunta de Galicia a través da convocatoria de subvencións destinadas á realización de programas con cargo á asignación tributaria do 0,7% do IRPF, busca promover unha vida digna e independente das persoas maiores de 55 anos en Galicia.
Ademais, a través da alfabetización dixital promociónase o envellecemento activo e mellorar a calidade de vida das persoas maiores. O acompañamento e a empatía son dúas das ferramentas fundamentais destes talleres para que as persoas maiores consigan unha maior aprendizaxe e unha maior autonomía coas tecnoloxías.
O título do curso é “Alfabetización dixital a través do smartphone (móbil)” e desenvolverase durante 6 sesións:
20 abril.- 1ª Manexo básico do smartphone. (Partes básicas do teléfono, sistema operativo, panel de notificacións, conexión a Internet, organización do menú de inicio, boas prácticas para a recuperación de espazo, etc.)
27 abril.- 2ª Aplicacións para a vida diaria. (App Play Store, Google Lens, Sergas Móbil, Google Maps, Moovit, etc.)
4 maio.- 3ª Navegación por Internet. (Conceptos básicos, barra de ferramentas, identidade dixital, etc.)
11 maio.- 4ª Comunicación por Internet. (Conceptos básicos, cartafoles do correo e operacións: ler, responder, reenviar, borrar, etc.)
18 maio.- 5ª Ciberseguridade. (Marco conceptual e contextual en España sobre ciberdelitos, liña de axuda 017, boas prácticas aplicadas por nós/as e por terceiros.
25 maio .- 6º Aplicacións e webs para o lecer e estimulación cognitiva. (Aplicacións, webs, outros dispositivos tecnolóxicos e entrega de diplomas).
Impartirase na Axencia de Colocación de Mos, Avda. Peinador, 39, Mos en horario de 16:00 h – 17:30 h da tarde e para inscribirse é preciso chamar ou escribir á Axencia de Colocación do Concello de Mos: 986487786 ou info@axenciadecolocacionmos.es.