Mos | Tras coñecer a desestimación do recurso por parte do TSXG, o Concello de Mos presentará recurso de casación na que esgotará as vías de recurso legal e defende a validez da licenza municipal para a Cidade Deportiva do Celta. Ademais prevese ter aprobado definitivamente o Plan Especial no prazo dun mes.
1) O TSXG desestimou o recurso do Concello de Mos sobre a lizenza municipal para a Cidade Deportiva Afouteza. O Tribunal Superior de Xustiza de Galicia estima que é necesario un Plan Especial que ampare as obras realizadas. Plan que se prevé estea aprobado definitivamente nun prazo aproximado dun mes.
2) Dado que desde a administración local mosense non se coincide en criterio coa sentenza, xa que se defende a legalidade do título urbanístico por licenza municipal, é por elo que o Concello esgotará todas as vías legais posibles e presentará recurso de casación.
3) A sentenza baséase nunha cuestión de forma considerando que os permisos deberían ter sido concedidos dentro dun Plan Especial de Dotacións en non a través de licenza municipal. Polo tanto desde o Concello mantense que as obras non son ilegais. Son totalmente compatibles e autorizables urbanísticamente en solo rústico, ademáis de estar avaladas polos técnicos municipais e contar con informes favorables da Xunta de Galicia, Confederación Hidrográfica do Miño-Sil e AESA (Axencia Estatal de Seguridade Aérea).
4) En todo caso, co Plan Especial de Dotacións, a Cidade Deportiva sempre quedará respaldada pola legalidade urbanística, e a propia sentenza establece que non é cuestionable que as instalacións se poidan implantar en solo rústico (Na páxina 10 di literalmente “… De forma que no se está discutiendo que se pueda emplazar en suelo rústico, sino que lo que se está debatiendo es si entra en uno u otro de los preceptos citados y, por consecuencia, precisa de un Plan Especial”).
Ademais e como reforzo á súa postura neste tema, o Concello de Mos aprobou onte provisionalmente en Xunta de Goberno o documento para enviar á Xunta de Galicia e que esta emita o oportuno informe para a vindeira aprobación definitiva do Plan Especial da Cidade Deportiva do RC Celta en Pereiras.
O Plan Especial aprobouse inicialmente en Xunta de Goberno Local fai meses. Trámite tras o cal someteuse ao pertinente período de exposición pública presentándose tan só 3 alegacións durantea a mesma. E agora, con todos os informes sectoriais favorables (tanto os de Montes, Medio Ambiente, Patrimonio … etc. da Xunta de Galicia; como os estatais de AESA e Confederación Hidrográfica) aprobouse onte provisionalmente en Xunta de Goberno Local para a súa remisión a Urbanismo da Xunta de Galicia.
A continuación a Xunta informará e llo remitirá novamente ao Concello para a súa aprobación definitiva. Deste xeito, este Plan Especial, terá a súa aprobación definitiva.