Mos | A alcaldesa de Mos, Nidia Arévalo, e o tenente alcalde e concelleiro de Vías e Obras, Camilo Augusto, informaron de que esta mañá aprobouse en sesión ordinaria semanal da Xunta de Goberno Local o inicio da licitación do contrato para a mellora da pavimentación de 5 camiños municipais nas parroquias de Pereiras, Cela, Guizán e Louredo.
Os 5 viais a mellorar son o Camiño da Xaberga en Pereiras, o Camiño do Couso, tamén en Pereiras, o Camiño de Pardellas na parroquia de Cela, o Camiño Mosqueira en Guizán e o Camiño Piñeiro en Louredo. Estas obras de optimización da seguridade viaria mediante reposición da capa de rodadura e asfaltado, acometeranse con fondos propios municipais. E forman parte do obxectivo do goberno local mosense de realizar unha batería de asfaltados ao ano, incluídos no denominado Plan Anual de Mellora de Viais Municipais.
O orzamento desta serie de 5 asfaltados ascende a 231.611,70 euros. A realización da mellora da pavimentación dos camiños suporá cos accesos ao grupo sindical de Pereiras veranse moi mellorados, o acceso a zona alta de Guizán, así como de Cela, facilitando a comunicación interna das distintas parroquias. Os camiños teñen unha lonxitude de: Camiño Mosqueira (Guizán), 271,00 m., Camiño Piñeiro (Louredo), 488,50 m., Camiño Xaberga (Pereiras), 538,00 m., Camiño Couso (Pereiras), 775,00 m. e Camiño Pardellas (Cela), 1001,00 m. O que fai un total de 3073,5 metros.
O prazo aproximado estimado, desde o seu inicio, para a realización destas obras de rehabilitación superficial do firme é de 15 semanas.
Neste senso os representantes municipais Arévalo e Augusto declararon que “o Concello de Mos continúa avanzando na súa folla de ruta que marca como un dos principais obxectivos da administración local que o viario municipal se atope nas mellores condicións de uso, o que supón un garante na seguridade viaria. Por e para elo o Concello pon en marcha perdiódicamente o seu Plan Anual de Mellora de Viais Municipais, acometendo unha batería de asfaltados de estradas e camiños”.