Mos | O Concello de Mos ven de recibir a sentenza do Xulgado do Contencioso Administrativo número 3 de Pontevedra sobre a revisión da licenza dos campos de fútbol da Cidade Deportiva Afouteza do R.C. Celta e a anulación da licenza dos vestiarios.
Desde a administración local mosense quérese manifestar:
1º) Que a sentenza da xuíz baséase nunha cuestión de forma considerando que os permisos deberían ter sido concedidos dentro dun Plan Especial de Dotacións en non a través de licenza municipal.
2º) Que as obras non son ilegais. Son totalmente compatibles e autorizables urbanísticamente en solo rústico, ademáis de estar avaladas polos técnicos municipais e contar con informes favorables da Xunta de Galicia, Confederación Hidrográfica do Miño-Sil e AESA (Axencia Estatal de Seguridade Aérea).
3º) Que o Concello presentará recurso de apelación ante o Tribunal Superior de Xusticia de Galicia para o cal dispón dun prazo de 15 días.
4º) Que no caso de que o TSXG ratifique a sentenza do Contencioso Administrativo, o Concello de Mos conta xa co procedento do Plan Especial de Dotacións moi avanzado, pendente tan só de 2 informes sectoriais. Polo que, en todo caso, a Cidade Deportiva sempre quedará respaldada pola legalidade urbanística.
“Desde o Concello de Mos enténdese que o fundamento da senteza do Contencioso Administrativo trátase dunha disparidade coa administración local en cuestións formais sobre cal é a canle ou a vía para autorizar as obras”
Isto é, desde o Concello de Mos enténdese que o fundamento da senteza do Contencioso Administrativo trátase dunha disparidade coa administración local en cuestións formais sobre cal é a canle ou a vía para autorizar as obras (licenza municipal ou Plan Especial de Dotacións), posto que non se cuestiona a legalidade das mesmas e establece que non é cuestionable que as instalacións se poidan implantar en solo rústico.