A obra subvencionada polo Fondo de Compensación Ambiental súmase ás accións do Concello
Mos | Mos acomete un proxecto de mellora das zonas nas que permanecen instalados contenedores de lixo e reciclaxe mediante a instalación de isletas para unha óptima e máis estética ubicación dos mesmos. Así o anunciaba esta mañá a concelleira delegada de Medio Ambiente, Julia Loureiro.
O proxecto técnico, titulado de ‘Recuperación e Mellora de Espazos Ambientalmente Degradados de Puntos de Recollida de Lixo do Concello de Mos’ ten un orzamento que ascende a 35.000 euros e está subvencionado polo Fondo de Compensación Ambiental da consellería de Presidencia e Administracións Públicas da Xunta de Galicia.
As actuacións de mellora lévanse a cabo nas 6 zonas máis urbanas e claves do Concello de Mos onde se atopan instalados tamén puntos de recollida de lixo e son Puxeiros, Peinador, San Eleuterio, Sanguiñeda, San Antoíño e San Rafael. Ditas actuacións consistirán en traballos de recuperación de espazos ambientalmente degradados e mellora de anclaxes de contenedores e puntos de recollida de lixo no rural creando unha infraestrura en cada un destes seis lugares a modo de plataforma ou isleta.
Segundo declarou hoxe Loureiro os obxectivos destas obras de mellora son “ordear os espazos de recollida de lixo con medidas correctoras de protección do medio ambiente, mellorar o impacto visual das instalacións de recollida de lixo mediante pantallas cubrecontenedores e limpar e sanear o entorno dos 6 lugares”
“Deste xeito conseguimos un espazo máis limpo e mellor ambientalmente e concienciar ós habitantes do Concello de Mos na necesidade de conservar as instalacións en bo estado”, explica a concelleira Julia Loureiro. E é que, na medida en que se melloran as instalacións, o usuario adquire maior conciencia do deber de manter limpo o medio ambiente.
Ademais coa acometida destas novas infraestruturas conséguense reolver problemas tales coma verquidos sen control, acopio de bolsas fora dos contenedores, problemas de accesibilidade e afeamento estético e visual das 6 zonas en cuestión.
En resumo, a actuación do investimento está orientada á recuperación de espazos ambientalmente degradados por unha mala utilización dos medios dispoñibles. Co presente proxecto preténdese adecuar as zonas degradadas e concienciar ao usuario da correcta utilización, tal e como explicaba a edil. As pantallas ou isletas proxectadas axudan a ordenar os espazos e motivar a correcta utilización dos contenedores de lixo.
Posta a punto integral
Ademais das isletas a acometer en 6 zonas subvencionadas polo Fondo de Compensación Ambiental, o Concello de Mos con recursos municipais propios fará unha posta a punto integral de tódolos lugares nos que haxa contenedores instalados e que así o precisen. Dita posta a punto consistirá na instalación de novos anclaxes, limpeza, e reposición de tapas, entre outras medidas de optimización e mellora ambiental dos contornos dos contenedores de lixo e reciclaxe.
Tras dita mellora ambiental integral do municipio mosense, e segundo o anunciado pola edil Loureiro, dende a concellería de Medio Ambiente intensificarase o control dos verquidos incontrolados e interporanse as pertinentes sancións.
Se levará a cabo un plan de seguemento, -respaldado e co apoio da Policía Local de Mos e do Servizo Municipal de Emerxencias-, do verquido de desperdicios nos contedores distribuídos polas distintas zonas do Concello; mediante o que se pretente detectar e controlar verquidos indebidos impoñendo incluso, se fose necesario, as pertinentes multas coercitivas.
Estas medidas do plan de seguemento dos desperdicios xerados polos mosenses, responden a un protocolo desenvolvido para evitar verquidos indebidos, impoñendo sancións a quen faga un uso erróneo dos contedores.