Mos presenta a súa programación de Nadal

Acendido de alumeado, mercadillos artesanais, Beléns e concertos
Acendido do alumeado de Nadal en Mos o pasado 28 de novembro.

Mos | Tras o acto de acendido do alumeado de Nadal celebrado o pasado domingo 28 de novembro, que contou con mercadillo artesanal, chocolate con rosca e concerto de Broken Peach, continúa a programación navideña organizada polo Concello de Mos.

Mañá sábado, día 4 de decembro, terá lugar a recollida solidaria de alimentos Mos Axuda nos supermercados de Mos. O domingo 5 de decembro ás 18:00 horas celebrarase a inauguración do Belén de Herville no Centro Cultural de Herville.

O 11 de decembro ás 21:00 horas, concerto de Manuele de Felisa no auditorio do Centro Dotacional de Torroso. O 19 decembro ás 18:00 horas o Grupo de Teatro Mulleres en Igualdade do Concello de Mos representará ‘Un Conto de Nadal’ tamén no auditorio de Torroso.

O día 26 ás 16:30 horas chegará o tradicional Certame de Rondallas de Mos á Avenida de Puxeiros, contando coa participación da Rondalla Santa Eulalia de Mos, Rondalla Centro Cultural de Torroso, Rondalla Santiguiño de Guizán e Rondalla Asociación Cultural de Herville.

Xa co comezo do novo, o 5 xaneiro, chegan as Súas Maxestades Os Reis Magos de Oriente a Mos ás 17:00 horas na Cabalgata de Reis pola Avenida de Sanguiñeda. O dous grandes Beléns de Mos poderán ser visitados nos seguintes horarios:

O Belén de Herville: de luns a venres de 15:00 h a 17:00 h e de 19:00 h a 22:30 h. Os sábados: de 15:00 h a 23:00 h. E os domingos: de 11:30 h a 13:30 h e de 15:00 h a 21:30 h.

O Belén do Pazo de Mos: de luns a venres, de 17:00 h a 20:00 h, sábados e domingos, de 10:00 h a 13:00 h e de 17:00 h a 20:00 h.

Mos Axuda no Nadal
A campaña Mos Axuda de Nadal 2021 é unha campaña especial, debido á situación que viven moitas familias pola crise derivada da COVID-19.

Os voluntaria/os de Mos Axuda xa están a traballar nunha gran recollida de alimentos na que poden colaborar todas as empresas e veciñanza, facendo unha doazón de alimentos antes do 20 de decembro. Os voluntaria/os trasladaranse ata as empresas colaboradoras, no día e hora que elas indiquen, a recoller as doazóns.

Tamén poden ser entregadas no almacén de Mos Axuda, situado na Estrada Puxeiros a Peinador, chamando anteriormente ó número de telefono: 627 133 828.

Por outro lado dentro da campaña Mos Axuda no Nadal trabállase no proxecto ‘Ningún nenx sen agasallo’. Esta iniciativa solidaria está promovida polo Concello de Mos en colaboración coa Asociación de Empresarios de Mos, para que ningún desexo dun neno/a este Nadal quede sen facerse realidade.

O listado de nenos/as é facilitado polo departamento dos servizos sociais de Mos e por suposto, os datos son totalmente confidenciais, polo que para mercar o regalo os colaboradores participantes recibirán unha carta escrita polo neno/a beneficiario pero sen asinar, só identificada cun número de referencia.

E o agasallo que pide na devandita carta deberá ser depositado nas oficinas da Axencia de Colocación de Mos antes do 30 de decembro, indicando no paquete o número da carta asignada.

As persoas interesadas en recibir unha destas carta dun neno/a de Mos, pode solicitala a través do seguinte enderezo: mosaxuda@concellomos.es.

Tamén se pode realizar unha doazón económica para a compra de alimentos e agasallos: facendo un ingreso solidario no numero de conta de MosAxuda: ES98 2100 5656 0501 0024 5307.

Campamento Infantil de Nadal
O día 9 de decembro abrirase o prazo de inscrición no campamento infantil navideño do Concello de Mos, que se realizará durante os días 22, 23, 27, 28, 29 e 30 decembro e 3,4 e 5 de xaneiro en horario: 9.00 a 14.30 horas na Axencia de Colocación de Mos.

Os interesados en solicitar Aula Madruga de 8.30 horas a 9 horas poderán facelo sempre e cando haxa un mínimo de 10 nenos/as. Esta iniciativa vai dirixida a nenos/as con idades comprendidas entre 3 e 12 anos. A admisión será por rigorosa orde de entrada no Rexistro do Concello. Os obradoiros se realizarán sempre e cando se acade un mínimo de 15 participantes.

A inscrición poderá formalizarse do 9 ao 16 decembro, a través do Rexistro Xeral do Concello de Mos ou da Sede Electrónica. O prezo por participante é de 72 € o campamento completo e días soltos 12 €.