Mos | A alcaldesa de Mos, Nidia Arévalo, e a concelleira mosense da parroquia de Tameiga, Feli Rodríguez, achegáronse esta tarde ata o barrio do Casal, onde foron recibidas por Dámaso, para dárlle a benvida ao recén nacido Jamili e felicitar aos seus orgullosos pais, Milucho e Begoña.
Jamili, que resultou ser macho, naceu onte e viu a aumentar a familia de guapos formada pola parella de Milucho e Begoña; pois Milucho ostenta o título de burro máis bonito de Galicia e agora xa ten en Jamili ao seu digno herdeiro.
Dámaso, do barrio Casal e propietario desta peculiar familia de burros, atópase desde onte do máis emocionado e non pode ocultar a súa ledicia e ilusión tras o parto da nai da criatura, Begoña.
Pola súa banda o flamante pai de Jamili, Milucho, é un burro fariñeiro, especie en peligro de extinción, e dos poucos reproductores existentes, de 12 anos de idade e que foi elixido hai uns meses, o maio pasado, como o burro máis bonito de Galicia no concuso convocado polo programa Quen Anda Aí da Televisión de Galicia.
Begoña é unha burra vasca de 15 anos, que non lle quita ollo ao seu pequeno burriño, Jamili, nome elixido polo fillo pequeno de Dámaso, Sergio. Nome moi ben pensado por parte de Sergio, pois é un nome unisex, e ata o seu nacemento non se soubo se o novo membro da familia era burra ou burro.
Estes burros son moi coñecidos e queridos na parroquia, e a xente achégase ata a finca para velos. Agora a sensación é o primoxénito de Milucho o Begoña, que lle dá continuidade ao título de beleza de Milucho, pois é digno herdeiro da fermosura e simpatía do seu pai.