Mos recibe da Xunta de Galicia un “investimento histórico” para 2025

A contía ascende a máis de 10 millóns de euros

Mos | Tras reunirse co presidente da Xunta de Galicia, Alfonso Rueda, a Alcaldesa de Mos Nidia Arévalo, xunto á concelleira de Facenda Felisa Rodríguez, valoraron como extraordinaria a aposta do executivo autonómico por Mos. Os orzamentos da Xunta para o vindeiro ano 2025 recollen partidas por importes de máis de 10 millóns de euros de inversión no concello de Mos, un investimento histórico.

O desglose dos orzamentos da Xunta para Mos en 2025 son os seguintes:

– 5 Millóns de euros para a construción do novo Centro de Coidados Intermedios no antigo Hospital do Rebullón.
Neste centro, que será o segundo deste tipo en Galicia xunto ao de Santiago de Compostela, as persoas que reciban a alta hospitalaria poderán recuperarse por completo antes de regresar aos seus domicilios ou centros residenciais.

– 2,7 Millón de euros para comezar a construción de nova Vivenda Pública en San Eleuterio.
Serán un total de 20 novas vivendas de protección oficial, unha delas adaptada, cun total de 29 prazas de garaxe e 20 rochos, licitadas hai uns meses e con previsión de estar construídas no ano 2026. O importe total da obra ascende a 4,1 millóns de euros.

A provincia de Pontevedra rexistra unha partida histórica de case 60M€, cinco veces a contía do ano pasado, para o impulso dos grandes proxectos de Vivenda pública en Vigo, Pontevedra e MOS.

– 700.000€ para a nova Escola Infantil.
Será a quinta escola infantil no municipio, dos cales os traballos de estudo xeotécnio xa comezaron o pasado mes de agosto.

– 600.000€ para comeza a humanización do Novo Puxeiros.
Un proxecto de remodelación da entrada dende Vigo na conexión coa autovía que ofrecerá unha nova carta de presentación ao municipio Mosense.

– 484.196,00€ para o Novo Parque Empresarial de Arrufana.
Permitirá atender as demandas de solo empresarial no municipio e facilitar a creación de postos de traballo en Mos.

– 233.221,00€ para Melloras no curso do Río Louro.
Se realizarán melloras no río Louro ao seu Paso por Mos, Porriño e Salceda, cun prazo de remate en 2026 e unha inversión total de 1 millón de euros en dúas anualidades.

– Contratación do proxecto construtivo do novo centro de Saúde de Mos. Este proxecto estará rematado en 2025.
O orzamento prevé o crédito necesario para a contratación do proxectos construtivo de diversos centros de saúde na área sanitaria de Vigo, entre os que se encontra o de Mos, que se englobará dentro do Novo Macroproxecto Sanitario do Rebullón.

– 150.000€ para mellorar a accesibilidade do CEIP de Atín, na parroquia de Cela.
Se levará a cabo a instalación dun ascensor solicitado por toda a comunidade educativa deste centro.

– 106.000€ para actuación na rede de saneamento.
Todas estas actuacións, nas que se inclúen tamén os importes dedicados ás instalacións e persoal das escolas infantís situadas no municipio, superan os 10 millons de euros, unha cifra nunca antes comprometida nos orzamentos autonómicos para o municipio de Mos, e supoñen a posta en marcha e materialización de proxectos esenciais para o municipio que pronto comezarán a converterse en realidade.