Mos | O Concello de Mos vólcase na prevención do cancro. Asina o convenio anual con AECC e organiza coa Asociación a conferencia titulada ‘FaleMOS sobre cancro de mama’ a cargo do Doutor Gonzalo de Castro, ciruxano de mama e membro da Unidade de Mama da Área Sanitaria de Vigo que exporá as claves para a prevención e sensibilización.
Será o xoves, 19 de outubro ás 20:30 horas. Coa participación de Francisco Javier Puente Prieto Xerente da Área Sanitaria de Vigo e con entrada libre ata completar aforo no auditorio do Pazo de Mos.
Gonzalo de Castro é un ciruxán cunha ampla traxectoria de dedicación exclusiva á cirurxía da mama, con formación altamente cualificada, gran actividade científica e docente, e recoñecido coa certificación europea da UEMS (European Board of Surgery Qualification in Breast Surgery)
En 2012 converteuse no segundo español en conseguir a acreditación europea desta especialidade.
Gonzalo de Castro considera que as revisións son fundamentais para detectar a tempo o cancro de mama. É cirurxián do CHUVI dará unha conferencia en Mos para resaltar a importancia da prevención contra este tumor. Salientará a importancia de previr e detectar a tempo o tumor que máis afecta as mulleres.
O doutor Gonzalo de Castro Parga, forma parte da Unidade de Patoloxía Mamaria do CHUVI e na súa charla falará sobre a importancia da detección precoz, que segue sendo o método máis eficaz para loitar contra esta enfermidade. Por iso é moi importante someterse a probas de diagnóstico precoz, xa que se o tumor é detectado na súa etapa inicial, as posibilidades de curación son máis altas.
Ademais hai uns días o Concello de Mos asinou coa Asociación Española contra o Cancro o habitual convenio anual. Trátase dun convenio de colaboracion entre o Concello e AECC-Xunta Local de Mos que ten finalidade de participar económicamente na execución dos programas de atención psicolóxica e asesoramento, así como a impartición de diversos cursos destinados a persoas diagnosticadas de cancro e as súas familias.
Para elo AECC-Xunta Local de Mos recibe unha subvención municipal coa que comprométese a executar un servizo de atención psicolóxica e asesoramento a todas as persoas diagnosticadas de cancro, ademáis de ofrecer aos enfermos cursos de risoterapia, música, pintura, manualidades, labores varias, etc…coa finalidade de potenciar a axuda e o coidado das persoas enfermas do municipio.
O convenio foi asinado entre a alcaldesa mosense, Nidia María Arévalo Gómez, e Adolfo Santos Gómez, en calidade de xerente da xunta provincial de Pontevedra da Asociacion Española contra o Cancro, acompañado pola presidenta da Xunta Local de Mos e outros representantes locais de AECC. Tamén estivo presente a concelleira de Política Social, Sara Cebreiro.
AECC, realiza ao longo de todo o ano un servizo de atención psicolóxica e asesoramento a todas as persoas diagnosticadas de cancro, ademáis de ofrecer aos enfermos cursos de risoterapia, música, pintura, manualidades, labores varias, etc… O obxectivo da asociación é potenciar a axuda e o coidado das persoas enfermas do municipio.
A fin de mellorar a calidade de vida das persoas diagnosticadas de cancro e das súas familias e de que poidan acadar unha vida normalizada, a AECC desenvolve, entre outros, programas de atención psicosocial así como de prevención e sensibilización destinadas á poboación xeral.
Os obxectivos específicos perseguidos con este tipo de programas son os de minimizar as alteracións emocionais derivadas do proceso da enfermidade e/ou tratamento, contribuir a recuperar o nivel de funcionamento persoal previo á enfermidade, favorecer a integración social do enfermo no seu contorno inmediato e a reincorporación ó mercado laboral.
A axuda económica anual que o Concello de Mos destina a AECC Mos ascende a 1.500 euros.