Salceda / Movemento Salceda | A Agrupación de Electores Movemento Salceda decidiu non apoiar a ningunha candidatura en concreto de cara ás Eleccións Xerais do 20 de decembro. Así e todo, dende Movemento Salceda solicítase ás/aos militantes e simpatizantes que elixan entre unha das dúas candidaturas presentadas dende Galiza: En Marea e Nós, por considerar que son as únicas capaces de garantir a defensa dos intereses do noso País, e polo tanto, tamén do Concello de Salceda de Caselas.
Dende o primeiro momento, Movemento Salceda posicionouse a favor da candidatura única galega para concurrir ás eleccións, pero unha vez que esta non foi posible, a Agrupación decide non posicionarse con ninguna das dúas.
Teresa Pérez, Coordinadora Xeral de Movemento Salceda: “Lamentablemente os que o tiveron na súa man non foron quen de chegar a un acordo para crear unha lista única. Dende a nosa Agrupación non dubidaremos en apoiar as candidaturas que traballen en clave de País, e que se marquen como obxectivo clave a defensa de Galiza e, polo tanto, de Salceda”.
Marcos Besada, Alcalde de Salceda: “O adversario é o PP, que ten actuado como unha “brigada de demolición” das conquistas sociais, e que coas súas políticas de recurtes perxudican gravemente a maioría social de Salceda, de Galiza e do Estado español…”