Arbo | A Asociación de Mulleres Rurais Arbenses coa colaboración do Concello de Arbo, organizan na semana previa a LXIII Festa da Lamprea, unha exposición de Pinturas, donde queren mostrar as súas dotes artísticas.
Os veciños e veciñas de Arbo e quen desde outras localidades queiran desprazarse ao Centro Multiusos de Arbo, durante os días 22 e 23 de Abril, poden gozar xa da exposición “Abrandares Rurais con Arbo”, que reúne cadros elaborados as socias da Asociación de Mulleres Rurais Arbenses.
A Asociación Mulleres Rurais Arbense, que naceu hai máis de 20 anos, realizan unha importante labor a favor das veciñas de Arbo con actividades de ocio, formativas e colaboración con este Concello.
A inauguración da exposición terá lugar o sábado 22 de abril ás 17:30 horas.