Arbo | Cando queda menos de dous meses para que se celebre a LXII Festa da Lamprea (28, 29 e 30 de Abril), o Concello de Arbo, recibe o DISTINTIVO SICTED novamente para Centro de Interpretación do viño e da Lamprea “Arabo”
O “Arabo”, e unha fiestra cara os visitantes para descubrir o que o Concello de Arbo ofrece o visitante, un lugar onde comprender a enorme vinculación histórica dos arbenses co viño, a lamprea e a festa da lamprea.
O pasado 13 de marzo, celebrouse a ́ , evento donde se entregou un ano máis o distintivo SICTED a o Centro de Interpretación do Viño e a Lamprea “Arabo”, un distintivo que premia a excelencia e a profesionalidade de empresas e servizos túristicos. Ata Mondariz Balneario donde tivo lugar o acto desprazouse o alcalde de Arbo, Horacio Gil acompañado dos responsables do Museo ata o ano pasado Guillermo Gayoso e Matilde Fernández.
O centro de Interpretación do viño e a Lamprea Arabo, leva recibindo este distintivo de calidade dende o ano 2006. O distintivo é o soporte que acredita o cumprimento dos requisitos establecidos na metedoloxía e recoñece o esforzo e compromiso de calidade e a mellora continua, a vez que distingue o establecemento frente a competencia – informa o alcalde Horacio Gil.
No ano 2020 mellorouse o deseño, promoción e execución da actualización e mellora da exposición permanente do centro de interpretación da lamprea e do viño do condado“ coa dotación de sistemas multimedia para o visionario de contidos de vídeo e interactivo: pantallas táctiles, monitores de vídeo e proxectores con novos videos, fotografía, grafismos, vídeo e contidos interactivos e redacción de novos textos.
O Museo Arbo, alberga un espazo cunha exposición permanente sobre a Festa da Lamprea. A primeira Festa da Lamprea ten lugar o día 16 de abril de 1961, organizada por un grupo de veciños, funcionarios e restauradores do Concello a cargo da Comisión “Pro Homenaxe á Lamprea”, con esta exposición permanente mostrase o traballo realizado e a importancia desta xornada festiva, así como, tamén é o recoñecemento a unha riqueza antiga e inmemorial que o Arbo proporciona.
En Arbo temos o único museo sobre a lamprea. En Arabo poden explorar o noso pasado, tan vinculado á pesca desta especie milenaria. E, por suposto, poden facer un percorrido pola historia do noso viño e probar todas as variedades- remata o rexedor, que sintese moi orgulloso de recoller esta nova distinción.
En menos de tres meses (xaneiro e marzo) o alcalde do Concello de Arbo, Horacio Gil, recolle dous distintintivos para Arbo, en FITUR a declaración da Festa da Lamprea de Interese Turistico Internacional e en Mondariz o Distintivo de Calidade do Museo Arabo.