Música e baile no Día das Letras Galegas na Guarda

Con actuacións das asociacións e grupos folclóricos

A Guarda | O mércores 17 de maio ás 19h. No Auditorio de San Benito celebrarase na Guarda o tradicional Festival de música e baile, no que as diferentes asociacións da Guarda renderán tributo ao autor homenaxeado este ano.

Contará coa presenza da Agrupación Cultural Guardesa, quen abrirá o acto lembrando a figura de Francisco Fernández del Riego a través dunha reseña sobre a súa vida adicada a difusión das nosas letras e a nosa lingua. A Continuación intervirán os diferentes grupos de música e baile tradicional como o Grupo de gaitas da Terceira Idade, o Grupo de Baile Xamaraina, Grupo de Pandereteiras Vento Mareiro, A Boalleira, Trebón dos Xidos e os grupos de baile Na ribeira do Miño (CEIP A Sangriña), Anduriñas (CEIP As Solanas) e Churumbela. Todos eles terán tamén ocasión de lembrar a memoria do autor homenaxeado a través de pequenas lecturas da súa obra.

Ademais da realización do Festival, a celebración das Letras Galegas complementarase co Contacontos a cargo de Polo correo do vento “Un día para as Letras. Pequena biografía de Francisco Fernández del Riego”, organizado polo Departamento de Lingua da Deputación de Pontevedra nunha data de realización pendente de confirmar.

Actividades:
Festival polas Letras Galegas
Auditorio de San Benito
7 de Maio de 2023
19:00h.
Acceso de balde sen inscrición previa. Tódolos públicos
Organiza o Concello da Guarda en colaboración coas asociacións participantes

Un día para as Letras. Pequena biografía de Francisco Fernández del Riego”
Biblioteca Municipal
Pendente de confirmación por Deputación
Organiza a Deputación de Pontevedra. Vicepresidencia
Acceso de balde ata cubrir aforo.