Música, historia, cinema e deporte na oferta estival do “Verán na rúa” en Tui

Esta mañá presentouse a programación a desenvolver nos meses de xullo e agosto

Tui  | A oferta estival do Concello de Tui para os meses de xullo e agosto recolle musica, historia, cinema e deporte baixo o lema de “Verán na rúa”. Esta programación cultural en Tui pivota sobre tres grandes eventos que se van celebrar na cidade. Son o IKFEM, o Festival Internacional de Instrumentos de Tecla, a Festa do Miño, e o Festival da Cultura Arraiana, Arraianos. Recolle tamén o ciclo “Cinema de Verán”, a IV Aula Internacional de Saxofón e a Noite Internacional do Miño A programación que comeza este venres, 12 de xullo, e se prolongará até o 1 de setembro foi presentada esta mañá na casa do concello.

O alcalde, Enrique Cabaleiro, destacou na súa intervención que precisamente esta programación cultural reflicte as potencialidades e singulariedades que ten o municipio. Así a Festa do Miño, á que dicía hai que darlle maior transcendencia no futuro, é un exemplo das potencialidades naturais de Tui, Arraianos recolle a riqueza patrimonial, o IKFEM o carácter transfronteirizo da cidade, a Noite Internacional do Miño plasma a boa saúde do movemento asociativo, e a Aula Internacional de Saxofón da visibilidade á potencialidade académica a través do Conservatorio de Música. Afirmaba o rexedor que esta programación vai ser un reclamo máis para visitar Tui este verán.

A concelleira de Ensino e Cultura, Sonsoles Vicente, explicou o cambio de formato na presentación da programación que por cuestións económicas non se recolle nun novo número da Axenda Corredoira Cultura, xa que indicaba que a partida de Cultura está completamente esgotada e superada. Por este motivo, en formato calendario reflíctese baixo o lema “Verán na rúa” a programación para o mes de xullo e o de agosto, e comezarán a planificar a programación de desenvolver nos últimos meses do ano. Destacaba amais a concelleira os eixos centrais desta programación co IKFEM, a Festa do Miño e o Festival Arraianos. Avanzaba a intención de dar maior pulo a Aula Internacional de Saxofón, froito do investimento público realizado no conservatorio tudense, tamén agradecía o labor do Kaiak Tudense e das asociacións culturais na Festa do Miño, un evento que considera se debe potenciar. Ao tempo aludiu á consolidación da Noite Internacional do Miño, e da proposta para público familiar co cinema na rúa.

O público familiar poderá gozar da proxección de catro películas no ciclo “Cinema de Verán” na praza de San Fernando. A primeira hoxe venres, 12 de xullo, ás 22.30 h será “Como entrenar a tu dragón 3”. Mentres para o mércores, 24 de xullo, ás 22.15 h está programada “El regreso de Mary Poppins”. Xa en agosto a primeira cita será o venres, 2 de agosto, ás 22.15 h coa proxección de “Small foot”, e o mércores 14 ás 22.00 h a película que pechará o ciclo será “Teen Titans Go”.

Este domingo, 14 de xullo, comeza a IV Aula Internacional de Saxofón, que contará cunha véntena de alumnos nas masterclasses previstas a cargo dos profesores Xosé Luis Miguélez, gañador dos premios Martín Codax ao mellor disco de jazz; Rafael Yebra, profesor catedrático do Conservatorio Superior de Música de Vigo, e Kyle Horch, profesor catedrático do Royal College de Londres, que ofrecerá en Tui a súa primeira masterclass en España. De forma paralela celebraranse catro concertos. O domingo 14, ás 20.30 h, na igrexa de San Domingos o primeiro concerto correrá a cargo de Multiplensemble cun programa para saxofón, percursión e electrónica. O luns 15, ás 20.30 h, na praza de San Fernando actuará Xacobe Martínez Antelo trío. Mentres o martes 16, ás 21 h, na Igrexa de San Domingos Kyle Horch e Rafael Yebra presentarán un programa de música contemporánea. Sobre este concerto Jorge Vicente, coordinador da Aula Internacional, explicou amais que ao igual que nos últimos anos tamén nesta ocasión van realizar a estrea absoluta dunha obra do compositor galego Xesús Xosé Iglesias González neste concerto do martes. Clausurará os concertos Sax Inflexión o mércores 17, ás 20.30 h, no palco da música no Cantón de Diómedes, no Paseo da Corredoira.

Co lema “Music&Fashion” vaise celebrar do 14 ao 21 de xulllo a sétima edición do IKFEM, o Festival Internacional de Instrumentos de Tecla da Eurocidade Tui-Valença. Un festival que celebrará 22 eventos en 14 espazos como o Paseo Fluvial, o Teatro Municipal, o Centro Interfederado de Remo e Piragüismo, o Seminario Menor, a Catedral, en Tui, e en distintos espazos na Fortaleza de Valença, como explicaba a directora do IKFEM, Andrea González. Amais este ano por vez primeira amplía o seu territorio cos “Concertos no Miño” que comezan este domingo en Tomiño e Cerveira. Destaca amais pola singulariedade o desfile de moda de Agatha Ruíz de la Prada e Katty Xiomara na vella Ponte Internacional o próximo venres 19. Omiri, Pedro Moutinho, O Fiadeiro, La Ritirata, serán algúns dos nomes propios que actuarán no festival, onde se estreará a Orquestra IKFEM. A programación completa pode consultarse en www.ikfem.com.

O parque do Laxal en Rebordáns será o escenario da XX Noite Internacional do Miño¸ un evento organizado pola Escola de Baile e Música San Fins de Rebordáns que cada ano presenta o folclore máis internacional con grupos de distintos continentes. Dende ás 21.30 h actuarán o Grupo Cultural Netos de Bamdin de Guinea Bisau, Folk Ballet Ensemble Simyonov de Serbia e Compañía Nacional de Danza Folclórica de México.

O sábado 10 de agosto ao longo de toda a xornada celebrarase a IX Festa do Miño que aúna deporte, lecer, gastronomía e música en distintos emprazamentos dende a ribeira de Caldelas, o río Miño, a rúa Olímpicos Tudenses, e a rúa Lugo. O programa previsto comezará coa Romaría Popular na ribeira de Caldelas, onde ás 16 h sairá o Descenso Popular do Miño para o que está xa aberto o prazo de inscrición na web www.kayaktudense.org. Salvaterra acollerá a saída do Descenso Internacional do Miño que rematará fronte ás gradas da rúa Olímpicos Tudenses. Xa dende ás 20 h a cita estará na rúa Compostela coa Festa Gastronómica e o concerto de Fillos do Estramonio. Cómpre lembrar que dende o ano pasado este evento é Festa de Interese Turístico Galego.
A programación do verán pecharase do venres 30 de agosto ao domingo 1 de setembro coa celebración da IV Festival da Cultura Arraiana, Arraianos. O conxunto histórico será o escenario dunha proposta histórica marcada este ano na época viquinga como explicaba a súa directora Andrea Costa. Un marco temporal que marcará sobre todo a actividade prevista para o domingo. Tamén avanzou que este ano se recuperan no paseo fluvial os Torneos Medievais.

Programación Cultural de Verán. Xullo e agosto 2019.
Xullo
Venres 12 de xullo
ás 22.30 h na praza de San Fernando “Cinema de verán”
Proxección de “Como entrenar a tu dragón 3”
Do domingo 14 ao mércores 17 “IV Aula Internacional de Saxofón”
Domingo 14 ás 20.30 h na igrexa de San Domingos
Concerto de Multiplensemble Saxo-Percursión. Rafael Yebra, saxofón, e David Rodríguez, percusión.
Luns 15 ás 20.30 h na praza de San Fernando
Concerto de Xacobe Martínez Antelo trío. Xosé Miguélez, saxofón; Xacobe Martínez, contrabaixo e Max Gómez, batería.
Martes 16 ás 21 h na Igrexa de San Domingos
Concerto de Kyle Horch e Rafael Yebra
Mércores 17 ás 20.30 h no Palco da Música no Cantón de Diómedes
Concerto de Sax Inflexión
Do luns 15 ao domingo 21 IKFEM, Festival Internacional de Música de Teclado da Eurocidade Tui-Valença
Concertos no Miño
Domingo, 14 de xullo Ás 21.30 h no Espazo Fortaleza en Goián, Tomiño
Mini Mozart. Unha produción da Casa da Música de Porto para público infantil-xuvenil e familias.
Ás 23 hora española nos xardíns do Aquamuseo de Vila Nova de Cerveira
Susana Seivane, Abe Rábade e Víctor Prieto “Voar A Seis Mans”
Luns, 15 de Xullo Ás 21 h no Centro Interfederado de Remo e Piragüismo de Tui, na rúa Olímpicos Tudenses
Davide Salvador “Amarelo”. Cancións tradicionais galegas e tamén doutras parte do mundo reinterpretadas dende a óptica contemporánea que caracteriza a Davide.
Martes, 16 de xullo
Ás 21h no Largo Visconde Guarativa na Fortaleza de Valença
Mineus Dúo. “Cruzando o Miño: cancións de Galicia e Portugal
IKFEM
Mércores, 17 de xullo
Ás 22 h no Teatro Municipal de Tui
O Fiadeiro. Espectáculo de O Fiadeiro e ESADg que une teatro, música tradicional e baile.
Xoves, 18 de xullo
Ás 20 h no Seminario Menor de Tui
Son de Acacias & O Son dos Cantares. Co gallo do 60 aniversario do Seminario Menor de Tui celebrarase un concerto benéfico de corais. Entrada 10€
Ás 22 h na Catedral de Tui
La Ritirata. Concerto de música antiga onde o órgano e a triosonata daranse a man.
Venres, 19 de xullo
Ás 12 h na Catedral
Concerto Talentos IKFEM. Alumnos das Master classes de IKFEM en órgano e clave.
Ás 17 h na praza da República na Fortaleza de Valença
Paula Ríos. 200º aniversario da compositora, pianista e pioneira Clara Wieck-Schumann
Ás 18 h no Arquivo da Fortaleza de Valença
Mesa Redonda: Unha Ponte Entre a Moda Española e Portuguesa
Concerto Talentos Ikfem. Alumnos das Master classes de IKFEM en piano jazz, acordeón e canto acompañados en combo.
Ás 20.15 h na vella Ponte Internacional Tui-Valença
Fashion Bridge. Desfile de moda con deseños de Ágatha Ruiz de la Prada, e Katty Xiomara, acompañado de música en directo.
Ás 23 h no Paseo Fluvial de Tui
Omiri. Espectáculo electro-folk de reinvención da música tradicional portuguesa por Vasco Ribeiro Casal.
Sábado, 20 de xullo
Ás 16 h no Arquivo da Fortaleza de Valença
Conferencia de Juan Durán. “Sinfonismo galego do século XX e XXI”
Ás 17 h na praza da República da Fortaleza de Valença
Teclistas da Eurocidade. Alumnos do Conservatorio Profesional de Música de Tui e da Academia de Música Fortaleza de Valença.
Ás 18 h no Arquivo da Fortaleza de Valença
Mesa Redonda “Cultura e Internacionalización: Local versus global” sobre as relacións culturais entre España e Portugal.
Ás 19 h na praza da República da Fortaleza de Valença
Talentos IKFEM. Alumnos das master classes de IKFEM en piano, canto lírico e zanfoña.
Ás 23 h na praza da República da Fortaleza de Valença
Pedro Moutinho presenta o seu álbum “Um Fado ao Contrário” xunto a outros temas destacados da súa discografía cunha formación en quinteto, con piano.
Domingo, 21 de xullo
Ás 11.30 h no Teatro Municipal de Tui na Área Panorámica
Cinema “O amor e morte.Historia de Enrique Granados”. Documental dirixido por Arantxa Aguirre que recrea a historia apaxionante e tormentosa do compositor Enrique Granados na Barcelona de finais do século XIX e principios do XX
Ás 16 h no Arquivo da Fortaleza de Valença
Charla Taller “Dalle á manivela” sobre música mecánica e fonografía a cargo de Germán Díaz.
Ás 18.30 h na igrexa de Santo Estevão na Fortaleza de Valença
Gabriel Alonso e Margarita Viso. Compositores da canción lírica galega como Juan Durán, Chané e Baldomir.
Ás 22 h no Teatro Municipal de Tui na Área Panorámica
Orquestra da Eurocidade Tui-Valença, dirixida por Maurizio Moretti, e con Stephan Moöller e Marta Menezes ao piano.
A través da linguaxe universal da música únense dúas culturas, cun concerto de piano e orquestra dedicado a Mozart e Clara Schumann.
Martes, 23 de xullo, ás 21.30 h no parque do Laxal en Rebordáns “Noite Internacional do Miño”
Coa actuación do Grupo Cultural Netos de Bamdin de Guinea Bisau, Folk Ballet Ensemble Simyonov de Serbia e Compañía Nacional de Danza Folclórica de México.
Mércores, 24 de xullo, ás 22.15 h na praza de San Fernando “Cinema de verán”
Proxección de “El regreso de Mary Poppins”
Agosto
Venres, 2 de agosto, ás 22.15 h na praza de San Fernando “Cinema de verán”
Proxección de “Small foot”
Sábado, 10 de agosto, “IX Festa do Miño”
Ás 12 h na ribeira de Caldelas coa VIII Romaría Gastronómica
Ás 16 h dende a ribeira de Caldelas saída do IX Descenso Popular do Miño. Inscrición abertas até o 4 de agosto en www.kayaktudense.org
Ás 18.30 h dende Salvaterra saída do XLVIII Descenso Internacional do Miño coa participación de clubs de Galicia e Portugal
Ás 19.30 h chega do XLVIII Descenso Internacional do Miño á meta situada fronte ás gradas na rúa Olímpicos Tudenses
Ás 20 h na rúa Compostela VIII Festa Gastronómica con 24 postos de comida e bebida
Ás 22.30 h na rúa Compostela concerto de Fillos do Estramonio
Mércores, 14 de agosto, ás 22.00 h na praza de San Fernando “Cinema de verán”
Proxección de “Teen Titans Go”
Do venres 30 de agosto ao domingo 1 de setembro “Festival da Cultura Arraiana, Arraianos”
Venres 30
Ás 21:30 h “Ceas de Taberna” Banquete Medieval
Ás 23:30 h “Noite da Donzela” Espectáculo medieval tradicional
Sabado 31
Ás 19:00 h “A Conquista do Miño” Proba en Kaiaks
Ás 20:00 h “Mouchos, coruxas, sapos e bruxas” Xogo infantil/xuvenil
Ás 22:00 h “Habelas Hailas” Xogo de rol
Ás 23:00 h “Visita teatralizada da Noite das Coruxas”
Ás 00:00 h “Noite das Curuxas” Espectáculo mitos e lendas galegas
Domingo 1
Ás 12:00 h “Conferencia Arraianos” o mundo Viquingo
Ás 18.00 h e ás 19.30 h “Visita teatralizada” o mundo Viquingo
Ás 21:00 h “Noite do Escudeiro” Espectáculo de torneos e cabalerías