O Pereiro de Aguiar | Celebrouse a concentración e lectura do manifesto para conmemorar o día internacional da muller e por en valor o traballo, esforzo e dedicación de tantas mulleres ao longo dos anos para lograr a súa equiparación en dereitos e liberdades cos homes, recoñecendo que queda moito traballo ata conseguir unha igualdade real.
“Seguiremos trabajando en pro da igualdade e prestando atención multidisciplinar e acompañanento a todas as mulleres que o precisen”, sosteñen no Concello.
A actriz, titiritera, filóloga e, sobre todo, contadora de historias, Raquel Queizás, desenvolve os días 6 e 12 de marzo nos centros escolares CEIP Ben-Cho-Shey e Colexio Plurilingüe Guillelme Brown os espectáculos teatrais.
“Na túa man”: procura de novos modelos saudables de parella, onde atoparemos mulleres fortes e decididas, e homes que poden expresar outras emocións que non sexan a rabia e a ira. Acharemos que está ben mostrar tenrura, e que coidar tamén é cousa de homes. Historias e relatos que nos permitirán poñer en valor o respecto, a tolerancia e a comunicación dentro das relacións entre as persoas, desmitificando o mal chamado «amor romántico»
“Somos iguais”: historias de nenas e nenos que rompen os estereotipos que abundan nos contos tradicionais; atoparemos nenas decididas e nenos sensibles, identificaremos situacións ás que nos temos que enfrontar día a día, na escola, en casa, cos amigos… onde a violencia ou a agresividade física e verbal pode ter réplica e solución grazas á palabra e gozaremos xogando coa imaxinación que nos une.