A Cañiza | Arroupados coa presenza de máis de 400 veciñas e veciños, este sábado o Concello acendeu as súas luces de Nadal na Praza Maior da Cañiza. O Alcalde Luís Piña e os concelleiros do Equipo de Goberno presentaron a conta atrás para o acendido que rematou cunha gran chocolatada con biscoitos. A Cañiza volve a iluminarse con “Ximénez”: empresa de referencia nacional nas decoracións navideñas de espazos públicos.
Este sábado A Cañiza inaugurou a programación para este Nadal 2024&2025 co acendido das Luces. Un evento que logrou convocar a case medio centenar de persoas. Unha gran presenza que en palabras do Alcalde Luis Piña“deu calidez a unha noite bastante fría pero cargada de ilusión e cor”. Un acendido que abre as portas da programación deste Nadal, pensada sempre para satisfacer os gustos de todas e de todos os cañicenses.
Por 6º ano consecutivo A Cañiza volve a estar engalanada pola empresa “Iluminaciones Ximénez”, unha mercantil que está consolidada en toda España como un referente na súa especialidade, principalmente pola calidade estética dos seus deseños e decoracións de Nadal. Uns deseños que como todos estes anos, estarán instalados por unha empresa local.
Dende o ano 2019 A Cañiza está iluminada por Ximénez nas festas navideñas. Neste ano 2024 rematou o contrato de servizo polo que o Concello licitou novamente a contratación por tres anos. Un procedemento que demorouse debido aos prazos, alegacións e aportacións de documentos das mercantís que se presentaron no proceso, motivo polo que se retrasou a inauguración unha semana.
Con todo a formalización da adxudicación deste contrato de servizo de aluguer das decoracións de Nadal, garantirá que “Iluminaciones Ximénez” continúe engalanando A Cañiza durante 3 anos máis. Un contrato que costará un total de 45.980,00 € / ano, impostos engadidos.
En total instaláronse 87 elementos navideños que permanecerán acendidos ata o día 7 de xaneiro de 2025: 15 arcos nas parroquias, 47 arcos no casco urbano, adornos en 20 árbores, instalación dun abeto de Nadal na Praza Maior acompañado de dúas figuras decorativas en 3D e cortinillas con Icicle no lavadoiro do Regueiro e na Casa Consistorial.
Unha decoración a base de LED’S cóncavos con ángulos de apertura de haz luminosa de 120º con efecto de expansión suave e disipación da luz, para dar maior proxección e evitar brillos excesivos.
Aforro enerxético
Por outra banda e continuando coas medidas de aforro enerxéticas implementadas nestes últimos anos, as luces apagaranse de domingo a xoves ás 23.00h manténdose acendido ata as 02:00h os venres e sábados. Tamén queda eliminado o horario matinal de 6.00h a 8.00h da mañá durante todos os días. Solo quedará acendido toda a noite do 24 de decembro ao 25, do 31 de decembro ao 1 de xaneiro.