As Neves | Por medio dunha subvención xestionada entre o Concello e a Deputación de Pontevedra puido levarse a cabo esta obra de recuperación do Patrimonio.
As obras consistiron na reparación completa do Lavadoiro da Pousa. Reparouse o tellado que estaba a punto de cair, o lavadoiro, a fonte e os muros. Tamén se drenou o terreo para facelo máis accesible e utilizable pola veciñanza.
O Concello continuará coa intención de por en valor os elementos patrimoniais, animando a veciñanza máis próxima a que sexan quenes poidan coidar e manter estes lugares mediante o seu uso como fonte, lavadoiro ou como lugar de encontro e esparcimento válido para maiores e xoves.