O Porriño | O Porriño buscaba este ano o mellor postre de Nadal e atopouno! O “Reno Navideño” elaborado por Noelia Gómez resultou gañador da primeira edición do Concurso de Postres de Nadal organizado polo Concello do Porriño. En segundo lugar quedou a “Tarta de queixo ao turrón” de Susana Cabaleiro e no terceiro a “Tarta de turrón” de Rebeca Alonso.
O xurado presidido polo alcalde, Alejandro Lorenzo, e composto por José Manuel Fernández (AHOSPOR), Noelia Conde (ACIPOR), David Sobral (AE Porriño), José Manuel Fernández (Asociación de Panadeiros do Porriño) e o concelleiro de Cultura, Bienvenido Estévez, tivo que elexir entre as seis preparacións que se presentaron, todas elas de elevado nivel o que fixo que o podio estivera moi axustado.
Valorouse o sabor, a elaboración, a complexidade da receita, os ingredientes utilizados, a orixinalidade e a creatividade da presentación.
As gañadoras recibiron unha tarxeta-regalo para comprar no comercio e hostalería do Porriño por importe de 250 euros o primeiro posto, 150 euros o segundo e 100 euros o terceiro.