Luintra | Luís Menor Pérez, presidente da Deputación, visitou xunto ao alcalde de Nogueira de Ramuín, Julio Temes, as obras realizadas neste municipio grazas á cooperación da Deputación de Ourense.
Menor comprobou a execución do parque infantil de Loureiro (18.147,85 euros); a do peche frontal perimetral da vivenda do conserxe (14.000 euros) e da urbanizacion do espazo de accceso ao CEIP de Luíntra (20.000 euros); a mellora da fosa séptica de Vilouxe (17.000 euros) e arranxos en camiños rurais en Viñoas (40.000 euros).
“A Deputación sempre estará ao carón dos municipios porque a cooperación é a razón de ser da institución provincial”, sinalou o presidente.
Durante a visita, Menor e Temes analizaron a dotación que contempla o Plan Provincial de Cooperación CooperOU durante todo o mandato (812.380,79 euros), distribuida en catro anualidades: 186.817,01 euros en 2024; 197.669,13 euros en 2025; 208.521,26 euros en 2026 e 219.373,39 euros en 2027.