Barcelona | En tempo de crise económicas e sociais, a discriminación por ser diferente aumenta. A intolerancia atopa un campo de cultivo no que medra sen importar que a mensaxe sexa certa ou non, especialmente entre grupos vulnerables como os estudantes implantados cocleares.
O “bullying” ou acoso escolar, xenericamente se define como una forma de agresión repetida e deliberada, que realiza unha ou varias persoas sobre outra que non ten posibilidade de defenderse, sendo tanto a vítima das agresións como quen a exerce menores de idade (Olweus,1993). As agresións prodúcense entre menores e circunscritas ao ámbito escolar, aínda que non necesariamente dentro das dependencias dos centros educativos.
Segundo un estudio europeo realizado por Save the Children en 2016 se cifraba nun 9,3% la taxa de adolescentes españoles que podería estar sufrindo acoso escolar e nun 6,9% ciberacoso. Bauman, S. y Pero, H. (2010) sinalan no seu estudio que as persoas con xordeira podían estar en maior risco de victimización a causa de barreiras sociais vinculadas á audición.
“Segundo un estudio europeo realizado por Save the Children en 2016 se cifraba nun 9,3% la taxa de adolescentes españoles que podería estar sufrindo acoso escolar e nun 6,9% ciberacoso”
Segundo os autores, as dificultades comunicativas poden incluso conducir ao feito de que as vítimas no busquen axuda no entorno educativo ou familiar. Existen investigacións nesta liña que sinalan que a forma máis habitual de acoso cara este colectivo son as burlas ou a exclusión social, fronte ás formas máis directas como son as agresións físicas ou os insultos, máis frecuentes na poboación xeral (Dalton, 2011).
A Federación AICE en colaboración coa Universidade de Santiago de Compostela, e a Asociación No al Acoso Escolar, elaboraron Estudio de Acoso Escolar en Implantados cocleares. Este estudo foi publicado pola prestixiosa revista Oxford Academic – Journal of Deaf Studies and Deaf Education.
“A Federación AICE en colaboración coa Universidade de Santiago de Compostela, e a Asociación No al Acoso Escolar, elaboraron Estudio de Acoso Escolar en Implantados cocleares (…) A taxa de acoso escolar detectada foi dun 27.6%, o que supón triplicar as posibilidades de sufrir exclusión, odio e violencia”
A taxa de acoso escolar detectada foi dun 27.6%, o que supón triplicar as posibilidades de sufrir exclusión, odio e violencia. Ante os resultados, desde Federación AICE cremos que es necesario articular estratexias de prevención e fortalecer as xa existentes para ser capaces de atenuar un problema crecente, e a mostra está en que as vítimas implantadas cocleares a cotío non saben a quen acudir, e é necesario darlle unha maior visibilidade a este tema promocionando o teléfono accesible á comunicación del Ministerio de Educación, Cultura y Deporte, Telegram 600 909 073, (o teléfono 900 018 018 só é ideal para pais e profesores oíntes, pero non para persoas con perda auditiva). A mocidade implantada coclear é especialmente vulnerable a esta cuestión.
Por iso Federación AICE ven de lanzar a campaña de concienciación “Non Fagamos Oídos Xordos ao Acoso Escolar” na que ofrece charlas gratuítas tanto ao persoal docente, como a familias e a propios estudantes para bater esta lacra que afecta ao noso colectivo. Se estás interesado no estudio, podes consultalo a través da nosa páxina web www.implantecoclear.org/
Para máis información, ponte en contacto a través de aicE@implantecoclear.org Tlf:933317475 Mvl: 695532627 – Laia Zamora FEDERACIÓN AICE (Federación de Asociaciones de Implantados Cocleares de España) C/ Fernández Duró, 24 bajos 08014 Barcelona Tel./Fax/Cont.: 93 331 74 75, http://www.implantecoclear.org aice@implantecoclear.org