O que ningunha autoridade das aí reunidas se pregunta é de onde saen eses cidadáns aos que chamamos terroristas, tolos de atar, indesexables, sen dereito á vida. Ninguén se pregunta como chegaron a ese estado de alienación mental. Por que razón están dispostos morrer inmolándose desa maneira, se todos sabemos que, como di o refrán, “da morte ata foxen os bechos”. Sen embargo todos saben que na balanza de pagos dos seus respectivos paises existe unha partida importante procedente da venda de armas que eses locos están utilizando. Claro que non llelas venden aos estados agobiados con tanta barbarie, non; as vendas fanse, para disimular, a terceitos países que non están en guerra; paises que logo permiten cheguen sen dificultade ao mercado negro. Ese que todos coñecen e nada fan para que desapareza.
Pódese dar o paradoxo de que un inocdnte cidadán español morra baixo os disparos dunha arma que meses ou anos atrás o goberno español vendeu a Irán, Turquía, Iraq, etc. Pero iso non importa. O negocio é o negocio. Como se di nunha frase xa moi manida “volum pacem para bellum”; se o meu latín aínda resulta comprensible, quere dicir “se queres a paz, prepárate para a guerra”. Iso é, precisamente, o que todos os países, uns máis que outros, están facendo cada día: prepararse para a guerra tendo a punto as súas mortíferas industrias de armamento. Logo, de que nos estrañamos se nós mesmos lles poñemos as armas na man?; se nós memos levamos séculos explotándolle os recursos dos seus países considerándoos como incapaces de rexer os seus propios destinos?; de que nos asombramos? Deberían bicarnos a man; deberían ofrecernos unha rosa como se fai nas Ramblas de Barcelona na festividade de San Jordi?
Creo que non todos somos Barcelona. Esa é unha expresión que ten o valor dun día, tal vez unha semana. Unha flor que se murcha en canto chegamos aos nosos despachos políticos e temos sobre a mesa unha oferta, dun pais calquera, de centos de miles de millóns de euros para que lles vendamos metralletas, modernos fusís ou avións de combate. Habería que dicir mellor que “todos somos o Banco Mundial Europeo, ou a Reserva Federal americana”. Aí sí que todos somos uns; aí non hai fisuras. Como se di dos ingleses, Inglaterra non ten amigos, ten intereses. Hoxe todos somos ingleses.
Obviamente non desexamos que ningún cidadán sexa vítima inocente “dunha guerra solapada, de intereses espúreos, indecentes e irresponsables”. Somos pacifistas por natureza, pero rebelámonos contra a mentira, contra a indecencia con que os nosos gobernantes nos tratan de facer comungar con rodas de muíño.
Non á violencia, non ao terrorismo, pero tamén NON á hipocrisía, á burla xa histórica coa que pretenden anestesiarnos, alienarnos, facéndonos crer que gobernan para mellorar o mundo, incluido o mundo deses terroristas que perseguimos e matamos como alimañas.
Botamos de menos aquel espírito solidario dos tempos de nosa nenez. Aquel era auténtico, de verdade; fraterno, cheo de amor polos demáis. Daquela sí que todos eramos uns, ainda que non se pregoaba aos catro ventos porque era algo natural, instintivo, verdadeiro. Nada escondía.
Nestes momentos só nos une o medo; o medo a un mundo sen alma ao que todos contribuimos cada dia.
Mágoa daquela solidariedade!! Co felices que podiamos ser sen medo, sen restriccións nas nosas vidas, sentíndonos todos irmáns, todos familia, todos uns!!
Disfruten desta pouca liberdade que nos van deixando: non crean que é polo noso benestar. Son outros os intereses que están en xogo. Nós só somos o pretexto.