Ribadumia | Comeza o estudo do proxecto para a substitución do actual valado que rodea o parque infantil de Barrantes e que se atopa deteriorado polo uso e o paso do tempo.
Preténdese a substitución do mesmo por unha bancada semicircular que, ademais de estar perfectamente integrada no entorno no que se vai situar, ofrece asento cómodo para todas as nais e pais que habitualmente acoden ao parque cos seus fillos e fillas.
O deseño tivo unha moi boa acollida entre a maioría de pais e nais que habitualmente fan uso do parque infantil, co que o Concello pode continuar coa tramitación para proceder, finalmente, á substitución.
A intención do equipo de goberno é a de dotar ó parque infantil dunha zona de xogos cómoda e actual da que poidan desfrutar nenos/as e pais e nais.