Salvaterra de Miño | O Concello de Salvaterra de Miño ven de instalar unha nova marquesina na parroquia de Alxén na estrada CP-9002 fronte a Igrexa Parroquial de San Paio. Así, o Concello continúa coa instalación de novos refuxios cun deseño integrado as contornas rurais que se distribuen ó longo das parroquias de Salvaterra de Miño.
Nos últimos anos foron máis dunha decena as marquesinas instaladas en Leirado, Meder, Pesqueiras, Alxén, Fiolledo, Couto e Fornelos; co fin de mellorar a accesibilidade para os veciños e veciñas.
Deste xeito o Concello tamén segue a impulsar a renovación coa reforma das marquesinas de transporte público existentes, levando a cabo a adaptación de máis de 15 marquesinas.
O obxectivo é dotar de instalacións axeitadas ás paradas das liñas dos servizos de transporte de viaxeiros por estrada para que ofrezan ó usuario unha protección fronte ás inclemencias meteorolóxicas e melloren a comodidade durante a espera.