Salvaterra de Miño | O Concello de Salvaterra de Miño volve a por a disposición dos seus veciños e veciñas unha nova remesa de composteiros, dentro do programa de compostaxe doméstico para vivendas unifamiliares, gracias a adhesión ao programa de compostaxe de SOGAMA que busca lograr unha xestión máis sostible do lixo.
Deste xeito, O Concello manterá a súa extensión das prácticas de autocompostaxe á novas vivendas unifamiliares para propiciar a reciclaxe da materia orgánica en orixe, un proceso con importantes beneficios ambientais e sociais.
Dado que os residuos orgánicos representan aproximadamente o 42% da composición media dunha bolsa tipo, se estos se reciclan en orixe e se evitan o seu depósito en contenedores verdes convencionais, o Concello entregará menos toneladas de lixo a SOGAMA, reducindo deste xeito os costes.
A/os Veciña/os que se incorporen a esta nova fase, recibirán igualmente manuais didácticos nos que se explica de maneira detallada a técnica a seguir para obter un compost de boa calidade.
Axudas para material escolar 2022/2023
Un ano máis O Concello de Salvaterra de Miño ven de aprobar en xunta de gobernó local as bases para a concesión das axudas para adquisición de material escoclar infantil para o curso académico 2022/2023.
O obxecto destas axudas é promover o principio de igualdade no exercicio da educación e compensar ás familias con escasos recursos para facer fronte aos gastos derivados da escolarización dos seus fillos/as, entendendo por tales a adquisición de libros e material escolar, dirixido a alumnos/as dos cursos de Educación Infantil matriculados/as nos centros escolares de Salvaterra de Miño.
O prazo de presentación de solicitudes fíxase do 12 de xullo ao 12 de agosto de 2022, ambos inclusive.
Os interesados/as deberán presentar as solicitudes acompañadas da documentación xustificativa da súa situación no Departamento de Servizos Sociais, concertando cita previa no teléfono 697911050 ou 986658126. Máis información en www.concellodesalvaterra.org