Ponteareas/PSdeG-PSOE | Este venres 23 ás 19 horas na Praza Bugallal terá lugar a inauguración da nova sede do PsdeG-PSOE de Ponteareas.
Este acto ten como finalidade “non só dar a coñecer á cidadanía a nova ubicación da sede socialista onde os veciños e veciñas poden acudir para coñecer os proxectos de Ponteareas ou amosar as súas preocupacións senón que tamén pretende poder compartir durante unhas horas as ilusións e inquietudes non só de Ponteareas senón da Provincia e de Galicia”, afirma Delfín Domínguez, Secretario Xeral do PSOE en Ponteareas.
Así asistirán e intervendrán neste encontro ademáis do Secretario Xeral de Ponteareas, Delfín Domínguez; o Secretario Xeral do PsdeG-PSOE de Galicia, Valentín González Formoso e o Secretario Xeral do PsdeG-PSOE na provincia de Pontevedra e actual Delegado de Zona Franca, David Regades.
O Partido Socialista invita aos veciños e veciñas de Ponteareas a achegarse e compartir ideas, inquedanzas e desexos para a nosa vila.