Nova xornada especializada no CDL “O Torrón”

Como implantar o teu negocio en internet? A tenda online.
Salceda de Caselas | O xoves 29 de maio, o CDL O Torrón vai acoller unha nova xornada, neste caso relacionada coa implantación da tenda online. Esta charla vai dirixida a desempregados, novos emprendederos que vexan unha oportunidade nas novas tecnoloxías así como pequenas empresas e autónomos que queiran abrir unha nova liña de negocio a través de internet.
A charla pretende presentar as principais ferramentas e prácticos para valorar nun primer momento, a implantación dun novo negocio na rede.

David Sobral da FEGAPE e Silvia Rodríguez. Xornada de emprego celebrada no CDL O Torrón anteriormente.
A concellería de emprego e formación, decidiu organizar esta xornada despois das numerosas consultas sobre este tema que recibe o persoal técnico da súa área. Dende a concellería suliñan “tras as últimas consultas percibimos que os veciños e veciñas de Salceda comenzan a ver as novas tecnoloxías como unha oportunidade de negocio, e queremos apoialos poñéndolle a súa disposición todas as ferramentas precisas para que poidan implantar a súa actividade na rede”.
Marina Cabaleiro, tenente alcalde e concelleria de emprego e formación “aproveitamos para convidar a todos aqueles que teñan interese en coñecer como funciona un negocio en internet, non só os posibles novos emprendedores, tamén a autónomos e pequenas empresas, xa que pode ser unha liña máis para ir solventando a crise existente. Ademáis tamén vai dirixida a veciños e veciñas en xeral, xa que é necesario saber como funcionan as tendas online para poder mercar con seguridade”.
A charla correrá a cargo de Don Alfonso Fernández (Enxeñeiro de Telecomunicacións e MBA). As inscricións para a xornada poden realizarse a través do correo electrónico tenenciadealcaldia@salcedadecaselas.es, na concellería de emprego ou no Centro de Desenvolvemento Local de O Torrón. Entregarase diploma de asistencia ós inscritos con anterioriade o día de celebración da xornada.